28 Xuñ Campus Arenaria 2017

Un ano máis… vamos de campamento e nesta ocasión volvemos a unha das nosas instalacións favoritas e na que temos vivido experiencias xeniales cos nosos #pequeñosArenarios !!

Virxe de Loreto é unha instalación xuvenil que ofrece infinidade de opcións para a realización de actividades e dende logo as aproveitaremos e intentaremos que os peques o pasen xenial, disfruten e aprendan!!!

Os deixamos toda a información e formulario para que podáis formalizar a vosa inscrición. Para calquera duda, podéis contactar con nós no 633 33 54 63 (María), a través do noso email info@arenariacoordinacion.com, no botón de “contacto” aquí na web ou a través das nosas redes sociais.

REUNIÓN INFORMATIVA COAS FAMILIAS INSCRITAS E/OU INTERESADAS

Xoves día 13 de xullo ás 20.30h na Sociedad Cultural Padronesa (Casino) en Padrón.

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: VENRES 21 DE XULLO

Lugar: Porto do Son. Instalación Xuvenil Virxe de Loreto.

Datas: do 3 ao 12 de agosto, ambos incluídos.

Horario de entrada: xoves día 3 a partir das 11.00h e antes das 13.00h.

Horario de salida: sábado día 12 a partir das 19.30h.

Destinatarios: nenas e nenos con idades comprendidas entre os 6 e os 15 anos (ambos incluídos).

Actividades: Snorkel, Intermareal, Xogos populares, xogos de equipos, educación ambiental, xogos de pistas, veladas, excursións e mooooito máis!!!

Equipo de profesionais: monitores e director de tempo libre con titulación superior en ciencias experimentais e experiencia acreditable na realización de actividades con menores e estancias en campamentos así como en outras actividades de tempo libre. Contaremos con persoal sanitario propio.

Prezo: 226€/participante (IVE incluido).

* Inclue: aloxamento e manutención en réxime de pensión completa, acceso a todas as actividades establecidas, equipo de persoal, materiais e seguros correspondentes.

Forma de pago: mediante ingreso ou transferencia bancaria á conta de Arenaria Coordinación, S.L.U.

** Opción de pago en dous prazos: primer prazo: 60% do total (135,6€) e segundo prazo: 40% do total (90,4€).

*** En calquera caso a cuantía total debe estar ingresada con data límite o venres 21 de julio.

QUÉ DEBEN LEVAR

Ropa e calzado cómodo (varias mudas), toalla, bañador, calzado de praia, gorra, crema solar, chubasqueiro, linterna (opcional), cantimplora, obxectos de aseo (cepillo e pasta de dentes, champú, xel, suavizante, peine/cepillo, outros).

Notas:

1.- Arenaria non se fai responsable de consolas, videoxogos, tablets, teléfonos móbiles ou otros aparatos, non necesarios no campamento, que o participante decida levar consigo.

2.- Non é necesario pero, si así o desexan poden levar teléfono móbil do que poderán facer uso no momento destinado ás chamadas familiares (establecido e comunicado previamente ás familias ben na reunión establecida ou ben na entrega do menor na instalación do campamento).

3.- DESCONTO do 10% na inscrición dun segundo fillo/a. (prezo final: 203,4€).

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

(Inscricións pechadas)