A enfermidade do planeta!

A enfermidade do planeta!

O GALP RÍA DE AROUSA a través das súas actividades de dinamización segue a apostar un ano máis pola educación ambiental para o que manterá tamén este curso escolar 2018/2019 o seu programa “Actividades medioambientais en Arousa norte” co que pretende:

  • seguir dándose a coñecer mediante a realización de actividades relacionadas coa protección do medio ambiente, involucrando para eso aos diferentes concellos, confrarías, asociacións e outras entidades do territorio.
  • fomentar a protección do medio natural e colaborar coa súa protección.
  • promover a participación entre entidades que forman parte do grupo de acción local de pesca.
  • achegar aos escolares de Arousa norte a situación medioambiental actual no tocante a contaminación mariña, os seus efectos e as maneiras que, entre todos, temos de combatela…

Para todo eso realizaranse actividades nos cinco concellos da marxe norte da ría (Catoira, Rianxo, Boiro,  A Pobra e Riveira) en diferentes centros educativos de secundaria que se prolongarán durante este último trimestre do ano e consistirán en:

1.- retirada de residuos das zonas costeiras e

2.- sesións de aula nas que se afondará na problemática dos microplásticos a través de sesións de divulgación manipulativas que farán que os escolares se convenzan e barallen posibilidades sobre o que poden aportar para mellorar esta situación.

O NOSO PAPEL NESTE PROGRAMA…monitores especialistas e profesionais do ámbito das ciencias experimentais.

Arenaria Coordinación será, unha vez máis, a entidade encargada da execución completa de programa. Seremos os encargados de levar a cabo as sesións cos escolares polo noso perfil de oceanógrafos con experiencia en actividades e proxectos de educación ambiental e divulgación científica con escolares. Estamos encantados!!! por eso xa vemos en marcha a preparación dos materiais, merchandising, contacto cos centros educativos e medios de comunicación, …

DESPOIS DE VARIAS SEMANAS DE PREPARATIVOS, CONTACTOS E ELABORACIÓN DE MATERIAS…

Xa temos pechado o calendario de centros que participarán nesta terceira edición do programa e son por concelhos:

CATOIRA: CPI O Progreso, RIANXO: IES Félix Muriel, BOIRO: IES de Espiñeira, A POBRA: IES Francisco Barerras e Riveira: Nº 1 e IES Leliadoura.

Todos eles participarán co seu alumnado de 4 de E.S.O. que recibirá sesións divulgativas sobre a contaminación por microplásticos e fará unha saída a unha zona de costa para a recollida de residuos.

 

Deixámosvos un enlace relacionado coa temática: https://www.eldiario.es/sociedad/contaminacion_ambiental-disruptores_endocrinos-toxicos_0_822768386.html

OS MICROPLÁSTICOS CHEGARON AO IES Nº 1 DE RIVEIRA …

O mércores día 31 arrancaban as sesións divulgativas do programa no concello riveirense no que os divulgadores estiveron acompañados dunha bolsa da compra chea  de produtos que consumimos a diario para concienciar ao alumnado da cantidade de material plástico que consumimos sen necesidade! Pero a sorpresa dos participants apareceu cando foron conscientes da existencia dos plásticos que non vemos a simple vista e de como están xa nas nosas vidas e sobre todo no noso organismo!!!

 

Produtos da nosa compra doméstica que empregan unha cantidade de plásticos en embalaxes que son innecesarios… leituga plastificada?? magdalenas que levan unha base plástica, unha bolsa individual e van todas metidas noutra máis grande?? para qué?

                                                                                                                                   Os nosos compañeiros oceanógrafos Víctor Moreira e David Torres durante a sesión de divulgación no IES Nº 1 de Riveira.

 

 

Diferentes tipos de residuos empregados na dinámica grupal realizada na aula.

Unha alumna do IES FÉLIZX MURIEL de Rianxo de trata de situar os tipos de residuos no contenedor axeitado…

Un total de 56 alumnos do concello rianxeiro accederon a este programa de educación ambiental.

 

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.