Xornadas ben prácticas!!!

28 Ene Xornadas ben prácticas!!!

Estamos na recta final dun curso de MONITOR DE TEMPO LIBRE que deu comezo no pasado mes de novembro e o alumnado xa está dando voltas ao seu período de prácticas!

Nesta última fin de semana de xaneiro tivemos unhas sesións ben entretidas, produtivas e amenas coas que aprendemos mais sobre os recursos que temos preto e sobre como aproveitalos para o noso que facer no eido do tempo libre:

  • Estivemos acompañados por Yolanda Costas, unha das docentes da nosa escola que transmitiu aos futuros monitores como se educa  atendendo á diversidade, o día a día buscando e preparando recursos, estando atentos a novos materiais, abertos a novas metodoloxías e sobre todo a como ter unha actitude positiva para aprender e divertirmos mentres trallabamos. Velaquí algunhas imaxes:

  • Tamén visitamos a Oficina Municipal de Voluntariado (OMV) do Concello de Padrón da man da súa técnico Pili Lorenzo que nos explicou como funciona o voluntariado na nosa localidade, amosounos as actuacións que levaron a cabo nos seus xa 20 anos de traxectoria e sobretodo, como traballan (en equipo) e a metodoloxía que seguen para estar organizados e sacar as cousas adiante. Agradecemos a colaboración da administración local xa que para nós resulta imprescindible coñecer os recursos que temos preto e como podemos facer bo uso dos mesmos. E o máis interesante: que os nosos alumnos aproveiten estas xornadas!!!

O noso alumnado ven de organizar unha sesión práctica dentro da fase teórico-práctica do curso; dende obradoiros educativos sobre temáticas como “como facer lume”, “elaborar pan de cazador”, “orientación” ou “xogos de pistas” ata o propio menú do que disfrutaron docentes e alumnos!

  • Facendo lume                                                                      – Amasando “pan de cazador”

  • Obradoiro de orientación…