Investigamos a saúde dos nosos ríos!

17 Ene Investigamos a saúde dos nosos ríos!

O Centro Rural Agrupado (C.R.A.) de Rianxo foi seleccionado recentemente pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na convocatoria do programa de Innovación Educativa “Club de Ciencia” á que o C.R.A. se presentou cun proxecto denominado CLUBE DE CIENCIA NAUTILUS co que pretende, entre outros, achegar o ámbito científico ao seu alumnado a través da realización de sesións prácticas, manipulativas e de observación nas que os escolares poidan desenvolver a súa creatividade, o seu pensamiento crítico e se fomente o traballo en equipo entorno ao mundo da Ciencia.

ENLACE AO PORTAL DO CRA DE RIANXO NA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA:

http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/node/4427

  • A programación xeral así como as datas e horarios son os que se amosan de seguido:
HORARIO DE 17H A 18H

Xaneiro

MÉRCORES 31

  A MAXIA DA CIENCIA!

Febreiro

MÉRCORES 7

FAUNA MARIÑA

MÉRCORES 21

O MUNDO É QUÍMICA

MÉRCORES 28

FÓSILES VIVOS, A HISTORIA DO PLANETA

Marzo

MÉRCORES 7

INVESTIGANDO O CORPO HUMANO

MÉRCORES

FABRICANDO UN COCHE!

MÉRCORES

COCIÑA CON CIENCIA!

Abril

MÉRCORES 4

COS CINCO SENTIDOS

MÉRCORES 11

ÍMOS A PEIXERÍA

MÉRCORES 18

ARTE CON CIENCIA

MÉRCORES 25

INVESTIGAMOS A SAÚDE DOS NOSOS RÍOS

Maio

MÉRCORES 2

FABRICANDO XEADO

MÉRCORES 9

A MAXIA DA LUZ

MÉRCORES 16

A VIAXE DE NEMO, CORRENTES MARIÑAS

MÉRCORES 23

FABRICAMOS UN COHETE

MÉRCORES 30

A FESTA DA CIENCIA!

Desenvolverase ao longo do curso 2017/2018, en sesións de 1 hora de duración e durante alo menos catro sesións mensuais. Estamos encantados de que este clube sexa xa unha realidade!! Damos a noraboa ao CRA de Rianxo pola iniciativa, por ter apostado por ela e porque é o único centro rural agrupado que foi seleccionado!

E, por suposto, agradecemos que escollesen a Arenaria para a súa execución; é unha responsabilidade, claro que sí, pero é un proxecto que vai resultar xenial!!!

AS XORNADAS DE PRESENTACIÓN ESTÁN EN MARCHA!

O luns día 22 estivemos nas escolas de Capela, Outeiro e Cuvide para presentar aos escolares o que será o clube de ciencia, cando nos veremos e sobretodo que faremos nel!

O martes día 23 estivemos en Pazo e Cruceiro e o mércores finalizamos a ronda inicial nas escolas de Abuín, Quintáns e Rañó. Estamos desexando comezar!

O CLUBE DE CIENCIA NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN:

  • El Correo Gallego

http://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/xunta-elixe-centro-rural-agrupado-rianxo-crear-un-clube-cientifico/idEdicion-2018-01-29/idNoticia-1096788/

  • Diario de Arousa

http://www.diariodearousa.com/articulo/barbanza/ies-cachada-cra-rianxo-recibiran-1200-euros-estrenar-clubes-ciencia/20171112000548198068.html

  • Canal Barbanza

O único C.R.A. con Clube de Ciencia é o CRA de Rianxo

  • Loqueyotedigo.net

O BARBANZA – El IES A Cachada y el CRA de Rianxo recibirán 1.200 euros para estrenar sus clubes de Ciencia

  • Galicia Diario

http://www.galiciadiario.com/web/frontend_cargar_noticia.php?id_noticia=99708

ÉXITO DE CONVOCATORIA NO ARRANQUE DO PROGRAMA

Tras a rolda de presentación polas escolas, a dirección do CRA recibiu as fichas de inscrición dos escolares que participarán e a sorpresa foi que… haberá que facer dous grupos ante a demanda que a iniciativa supuxo para os pequenos! O programa arranco este mércores día 31 de xaneiro con experimentos moi sinxelos e unha breve descripción da programación que se seguirá desenvolvendo durante os próximos meses.

Para a primeira xornada tivemos a sorte de poder amosar aos #pequenoscientíficos algo que moi posiblemente nunca verían e que, seguramente tardarán en ver: XEO SECO e a incrible capacidade que presenta para pasar de sólido a gas directamente! Encantoulles!! E nos disfrutamos cando lles vemos as caras… é o espectacular da Ciencia! A maxia da ciencia!!

Xa pasaron moitas sesións do Clube de Ciencia e coa chegada do bo tempo comezamos a disfrutar tamén da ciencia ao aire libre:xa tivemos a nosa primeira saída de visita ao río Te para investigar sobre a súa saúde e… comprobamos, a priori, que a súa auga está en boísimas condicións!

Observamos diferentes tipos de follas, prantas, flores de diversas cores, pisadas de animais,… insectos, babosas e miramos a través das lupas coma verdadeiros exploradores!!