Programa CON-CIENCIA: formación e divulgación nas aulas.

24 Ago Programa CON-CIENCIA: formación e divulgación nas aulas.

O Grupo de Acción Local de Pesca Costa Sostible,  Seo de Fisterra-Ría de Muros Noia está a promover un programa educativo dirixido aos alumnos de segundo de E.S.O. de todos os centros educativos

do territorio Galp (é dicir, Concellos de Muros, Outes, Cee, Fisterra, Noia, Porto do Son e Carnota) conforme aos principios do pacto local polo territorio costeiro sostible. O proxecto preséntase como unha iniciativa de divulgación científica destinada a un colectivo concreto a fin de facelos partícipes activos dun proceso social de actuación en contra dunha problemática actual e darlles as ferramentas

coas que buscar posibles solucións globais, actuando de xeito local e territorial e sempre atendendo aos seguintes obxectivos específicos:

  • 􀀀 Poñer de manifesto a problemática actual global en materia de medio ambiente.
  • 􀀀 Valorar e debater como nos afecta a nivel local.
  • 􀀀 Fomentar unha actitude e traballo en equipo para tratar de expoñer solucións.

O programa, que tuvo a úas fase de arranque no derredor trimestre do curso escolar 2017/2018, prolongarase ata xuño do vindeiro ano 2019 e nel traballarase cunha programación articulada en tres grandes temáticas: o MEDIO MARIÑO E COSTEIRO, MEDIO AMBIENTE E PAISAXE e ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E INCLUSIÓN SOCIAL. Abordaranse tamén como temas transversais o CRECEMENTO ECONÓMICO DO TERRITORIO e o TURISMO como factor esencial para desencadear procesos de diversificación económica.

As sesións desenvolveranse nos propios centros educativos, serán alo menos dúas por mes e estarán dirixidas por un equipo de divulgadores científicos con experiencia na realización de actuacións deste tipo orientadas a escolares. A través da metodoloxía docente tratarase de fomentar a reflexión, o razoamento ou a análise crítica así como a comprensión, valoración e interpretación da realidade na liña de favorecer una aprendizaxe significativa.

ENTIDADES COLABORADORAS

O programa conta coa colaboración de entidades amplamente coñecidas no eido científico, da formación e divulgación e do medio ambiente como son o PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA, a ASOCIACIÓN DE OCEANÓGRAFOS DE GALICIA ou a FUNDACIÓN CETMAR, que colaborarán nalgunhas das sesión cos centros educativos, con aporte de recursos e materiais didácticos ou incluso con actividades engadidas ao programa xa existente. A Fundación CETMAR ademáis considera o programa de interese polas conexións que se poden establecer con dous dos proxectos nos que traballa: o proxecto MATES (cofinanciado polo programa ERASMUS+ da Unión Europea) que promove a creación de redes de traballo en cultura oceánica e o proxecto CleanAtlantic (cofinanciado por Interreg Atlantic Area) que promove a concienciación ante a problemática das basuras mariñas.