
22 Ene “APRENDER FACENDO” tamén no tempo libre.
O pasado venres día 8 de febreiro demos comezo ao CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE promovido polo Concello de Ames e que xa vimos impartindo por segundo ano consecutivo.
Estamos cun grupo de 19 alumnos e alumnas pertencentes a un amplio rango de idades e situacións que aportan unha riqueza maravillosa ás xornadas formativas…
Deixámosvos alcunhas imaxes do que foron estas 3 primeiras xornadas (venres, sábado e domingo) nas que o obxectivo era coñecernos e comezar a interactuar… e podemos dicir que OBXECTIVO CUMPRIDO!!
Hai sesións de traballo en gran grupo…
Hay momentos ” de aula” nos que relacionarnos a través de traballo en pequenos grupos, expresión da nosa opinión nun debate, …
Xogos…por equipos neste caso. E é que a xogar apréndese xogando!!! así que… adicaremos horas a saber como facelo.
E tamén falaremos sobre como afrontar a presentación dun obradoiro ou a explicación dun xogo de cara a un grupo que nos está a escoitar.
Esta pasada fin de semana (16 e 17 de febreiro) achegamos ao alumnado do curso os contidos de primeiros auxilios; o noso compañeiro Juanca fixolles unha introducción a aqueles incidentes que poden xurdir no eido do tempo libre… feridas, fracturas, picaduras, vómitos, mareos, atrangnatamentos… e motivou a participación activa dos futuros profesionais a través da posta en marcha de casos prácticos: nada mellor que poñerse en situación para intentar saber que faríamos ou como responderíamos nunha situación similar.
E é que na nosa escola somos fieis seguidores da metodoloxía “aprender facendo” … unha das mellores vías posibles para unha aprendizaxe significativa!!
Los comentarios para esta noticia están desactivados.