Desarrollo Web y Social Media

Na actualidade é fundamental para calquera entidade ter unha presenza activa en internet e en redes sociais. Nos últimos anos a presenza en liña converteuse no principal escaparate co que as empresas contan para mostrarse ao mundo, e ademais na canle principal de comunicación cos seus clientes ou público obxectivo.

Desde Arenaria Coordinación ofrecemos un servizo de desenvolvemento web e redes sociais moi orientado ás necesidades dos nosos clientes, cun proceso de desenvolvemento sinxelo e facilitador, a un prezo moi competitivo.

 

Desenvolvemos sitios web en base a CMS (Content Management Systems) que é un tipo de software libre que permite ao usuario final manexar os contidos do seu sitio web sen necesidade de aprender código nin programación algunha.

 

No ámbito das redes sociais somos especialistas titulados en Community Management. Estamos convencidos de que unha presenza en redes sociais mal planificada pode ser peor que non ter presenza. Debido a iso, apostamos por desenvolver un Plan de Medios Sociais como primeiro paso para calquera entidade que queira iniciar ou mellorar a súa actividade en redes sociais. No PMS defínese a estratexia que se seguirá para conseguir alcanzar os obxectivos establecidos.

Internet é o primeiro invento da humanidade que a humanidade non entende. O maior experimento de anarquía que tivemos. Eric Schmidt