Divulgación científica

En gran cantidade de paises como o noso existe un investimento importante de fondos públicos destinados á investigación, á ciencia e á innovación. Isto produce un volume de coñecemento enorme e gran número de posibilidades de aplicación en diferentes ámbitos da economía.  Un dos puntos pendentes no mundo da ciencia foi, desde hai uns anos, transmitir á sociedade a metodoloxía e os resultados deste volume de actividade científica como vía de xerar coñecemento e sensibilizar sobre a importancia de manter ese investimento en I+D+i.

A chamada “Comunicación Social da Ciencia” ou “Divulgación Científica” consiste en desenvolver metodoloxías, materiais e actividades que transmitan estes coñecementos científicos ao público xeral, dunha maneira accesible, adaptada e entendible, engadíndolle unha compoñente lúdica e de diversión para motivar e facilitar a asimilación dos conceptos divulgados.

 

Cada vez a divulgación científica cobra máis protagonismo nas entidades de investigación, públicas e privadas, e a miúdo carécese do tempo necesario ou de recursos humanos especializados para acometer este tipo de actividades.

Contamos cunha dilatada experiencia no desenvolvemento de accións de divulgación científica para todos os públicos, desde a realización de materiais didácticos á dirección, xestión e execución de proxectos ``de campo``.