Granulometría… para estudar o patrimonio natural.

Granulometría… para estudar o patrimonio natural.

 

No CEIP Ana María Diéguez de Asados no Concello de Rianxo están a traballar contidos relacionados co seu patrimonio natural e cultural e así coñecendo un pouco máis sobre o entorno e o concello no que viven.

Dado que dende a ANPA nos informaron desta iniciativa e na actividade extraescolar de Ciencia Divertida estudamos moitos aspectos relacionados co medio natural,os espazos protexidos, … decidimos sumarnos a ese proxecto aportando o noso gran de area e imos falar de GRANULOMETRÍA!!! 

Si si, imos investigar e aprender sobre os diferentes grans de area que atopamos nos diversos areais de Rianxo. Serán todos iguais? Estarán compostos “do mesmo material”? Seguro que nunca vos paráchedes a pensar de onde sae a area da praia, quen a forma, porque é diferente o sedimento dunha praia a outra… pero en Ciencia Divertida pensamos neso e en moito máis!!! A nosa cabeza da voltas continuamente e é por iso que os pequen@s científic@s de Asados van descubrir moitas cousas sobre o patrimonio natural do seu concello a través do estudo da granulometría dos areias nos que pasan o verán!!

Xa vos iremos contando… de entrada deixámosvos unhas imaxes das mostras que xa estivemos recollendo nas praias de As  Cunchas, Porrón, Tanxil e A Torre e coas que comezaremos a investigación en breve!

 

 

 

 

Sin comentarios

Los comentarios para esta noticia están desactivados.