O GALP ría de Arousa sigue a súa aposta pola #EducaciónAmbiental

24 Sep O GALP ría de Arousa sigue a súa aposta pola #EducaciónAmbiental

O GALP RÍA DE AROUSA a través das súas actividades de dinamización segue a apostar un ano máis pola educación ambiental para o que manterá tamén este curso escolar 2018/2019 o seu programa “Actividades medioambientais en Arousa norte” co que pretende:

  • seguir dándose a coñecer mediante a realización de actividades relacionadas coa protección do medio ambiente, involucrando para eso aos diferentes concellos, confrarías, asociacións e outras entidades do territorio.
  • fomentar a protección do medio natural e colaborar coa súa protección.
  • promover a participación entre entidades que forman parte do grupo de acción local de pesca.
  • achegar aos escolares de Arousa norte a situación medioambiental actual no tocante a contaminación mariña, os seus efectos e as maneiras que, entre todos, temos de combatela…

Para todo eso realizaranse actividades nos cinco concellos da marxe norte da ría (Catoira, Rianxo, Boiro,  A Pobra e Riveira) en diferentes centros educativos de secundaria que se prolongarán durante este último trimestre do ano e consistirán en:

1.- retirada de residuos das zonas costeiras e

2.- sesións de aula nas que se afondará na problemática dos microplásticos a través de sesións de divulgación manipulativas que farán que os escolares se convenzan e barallen posibilidades sobre o que poden aportar para mellorar esta situación.

O NOSO PAPEL NESTE PROGRAMA…monitores especialistas e profesionais do ámbito das ciencias experimentais.

Arenaria Coordinación será, unha vez máis, a entidade encargada da execución completa de programa. Seremos os encargados de levar a cabo as sesións cos escolares polo noso perfil de oceanógrafos con experiencia en actividades e proxectos de educación ambiental e divulgación científica con escolares. Estamos encantados!!! por eso xa vemos en marcha a preparación dos materiais, merchandising, contacto cos centros educativos e medios de comunicación, …

Irémosvos dando mais información a medida que vayamos avanzando!

Grazas por lernos!!!

 

Durante a realización do programa en anos anteriores, os medios de comunicación que cubren a Ría de Arousa fixéronse eco da iniciativa e incluso visitaron as actividades en varias ocasións.