02 Out OBSERVER, O SELO DE CALIDADE CONTA CON ARENARIA

O sistema OBSERVER de Certificación en Turismo Científico contou cos nosos servizos para unha programación anual de actividades de ciencia que puxo en marcha o Concello de Rianxo. Observer é o primeiro selo de calidade que aúna Ciencia, Divulgación Científica e Turismo e este verán, no marco dunha programación na localidade rianxeira ha contado cunha das nosas actividades: unha sesión divulgativa sobre medio mariño acompañada dunha disección.

Con esta xornada pretendíase achegar o coñecemento do ámbito mariño á poboación en xeral; a través dunha pequena ruta que pasaba por diferentes puntos de interese da localidade pesqueira e dun taller de divulgación científica demos a coñecer curiosidades do medio mariño aos máis de 20 asistentes, a través da bioloxía dun dos mellores representantes das nosas costas, o gran filtrador Mytilus galloprovincialis.

Deixámosvos un enlace no que poderedes saber máis a preto do sistema Observer de certificación en turismo científico:

observersciencetourism.com