02 Out PROGRAMAS {LECER EDUCATIVO CONCILIACIÓN} 17-18

Como cada ano, estamos xa coa preparación das actividades de lecer educativo que faremos durante este curso 2017/2018 e en especial durante os períodos vacacionais e/ou festivos ou pontes de fetsivos, contribuíndo así á conciliación familiar.

Deixámosvos as propostas que triunfan e gañan usuarios cada ano e que, sen dúbida, queremos seguir mantendo (podedes picar en cada unha delas para obter a información relativa a: datas, horario, prezo, prazas dispoñibles e actividades/excursións a realizar. Tamén poderedes ver os descontos existentes por asistir a máis dunha das nosas programacións.):

PROGRAMA ARENARIA INFANTIL

Este ano e por primeira vez queremos dedicar un programa de lecer educativo exclusivamente aos máis máis máis peques da casa: a franxa dos 3 aos 5 anos terá un oco propio na nosa axenda semanal a través dun programa de actividades variadas que durará de outubro a maio.

En sesións de 1 hora e cuarto, para captar a súa atención, abordaremos diversas temáticas a través de actividades diferentes e de materiais cos que lles encantará xogar; as accións sensoriais, auditivas, visuais, táctiles, cobrarán protagonismo e materiais como o barro, a plastilina, a pintura de dedos ou xoguetes de cores, pezas… farán que a xornada sexa realmente divertida e produtiva.

Gústanos traballar en equipo e atender aos usuarios dunha maneira máis ben individualizada por iso as prazas serán limitadas e estarán restrinxidas a un grupo máximo de 8-10 asistentes.

O persoal que se encargará do grupo conta con experiencia acreditable na execución de actividades deste tipo e coa títulación esixida en materia de lecer e tempo libre, entre outras.

Non o penses máis e deixa que o teu peque atope un espazo de diversión e aprendizaxe co que encamiñarse de face á súa entrada no sistema educativo!!!

CASINO NADAL 2017

PRÓXIMAMENTE…..

CASINO ENTROIDO 2017

PRÓXIMAMENTE…..

CASINO SEMANA SANTA 2018

PRÓXIMAMENTE…..

CASINO VERÁN 2018

PRÓXIMAMENTE…..

OLLO!

Iremos actualizando este espazo con contido de novas actividades para este curso… Estamos a preparar actividades de fin de semana, talleres, actividades para aproveitar días fetsivos, etc.

Formulario de inscrición

  • Selección de actividades


    Puedes inscribirte en todas las que estén disponibles en cada momento

  • Información del Participante



  • Información del responsable legal



  • Información sobre la actividad


  • Eximiendo de toda responsibilidad al equipo de arenaria coordinación desde el momento en el que el niñ@ sea recogido.

  • Cuestionario médico-sanitario