Quen somos

Arenaria Coordinación é unha empresa independente fundada en marzo de 2009. Nace coa vocación de prover dun servizo de calidade a entidades, públicas e privadas, e a particulares que desexen desenvolver calquera tipo de iniciativa ou proxecto, asumindo toda a xestión técnica necesaria para levalo a cabo dunha maneira rápida, eficiente e optimizando os resultados finais.

A calidade do servizo prestado garántena unha xestión e seguimento diarios, persoal técnico altamente cualificado, a utilización das ferramentas e sistemas máis innovadores e un compromiso firme cos prazos e o traballo ben feito.

Somos especialistas en:

Oceanografía

Somos especialistas no medio mariño, e contamos no noso equipo con oceanógrafos cunha dilatada experiencia en diversas materias.

Divulgación Científica

Desenvolvemos metodoloxías, materiais e actividades que transmitan coñecementos científicos ao público xeral, dunha maneira entendible, engadíndolle unha compoñente lúdica para facilitar a asimilación dos conceptos divulgados.

Educación mediobiental

Somos especialistas no deseño, xestión e desenvolvemento de actividades de educación ambiental para todo tipo de público, independentemente de idade ou formación.

Formación

Contamos cunha gran experiencia no desenvolvemento de accións formativas específicas a medida, e estamos habilitados para impartir formación en diversas áreas.

Actividades al aire libre

Desenvolvemos actividades de tempo libre para grupos pechados de entidades, empresas, asociacións, en diferentes modalidades en función da idade e o colectivo de interese.

Servicios sociales

Desenvolvemos multitude de actividades relacionadas coa conciliación familiar, así como actividades dirixidas a colectivos de persoas con diversidade funcional e a colectivos de persoas maiores.

Acreditaciones y Convenios

Contamos con acreditacións oficiais, que garanten a calidade dos nosos cursos e actividades, ademais de colaboracións e convenios para ofrecer aos nosos clientes vantaxes e descontos.

Empresa prestadora de servizos sociais inscrita na RUEPSS co número de rexistro E5432.

Empresa habilitada para a impartición de cursos de manipulación de alimentos.

Empresa inscrita no programa Carnet Xoven.

Emrpesa colaboradora co PNMTIAG, dentro da carta europea de turismo sostible.