SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL COMO VÍA DE DINAMIZACIÓN NAS ZONAS COSTEIRAS

28 Nov SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL COMO VÍA DE DINAMIZACIÓN NAS ZONAS COSTEIRAS

A actividade de dinamización promovida polo GALP Ría de Arousa pretende difundir e dinamizar a súa estratexia en todo o territorio de Arousa Norte a través de actuacións que promoven e fomentan a protección e conservación do medio natural.

O Grupo de Acción Local de Pesca Ría de Arousa no marco das súas iniciativas de dinamización está a por en marcha a II Edición dun programa de carácter medioambiental co que crear conciencia social de cara á conservación das zonas costeiras e co que potenciar a colaboración entre entidades do mesmo territorio na liña dun obxectivo común.

A principal actuación vai ser a limpeza de varias zonas de costa que se desenvolverá con escolares, colectivos da terceira idade e colectivos de persoas con diversidade funcional e coa que se pretende divulgar a importancia da non contaminación das zonas costeiras incidindo nos beneficios que eso supón para todo o territorio.

Ademais contará cunha actuación de sensibilización nos centros educativos coa que se traballará sobre os diferentes tipos de residuos, o seu tempo de residencia no medio e as formas coas que contamos para combatir a súa acumulación (reducción, reutilización ou reciclaxe), todo eso a través dunha metodoloxía baseada na participación a través dos xogos e apoiada nas explicacións do noso persoal de divulgación!

O programa levarase a cabo nos Concellos de Riveira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Catoira dos que participarán entorno a 350 escolares e varias entidades de carácter social e as actuacións desenvolveranse nestes meses de novembro e decembro.