02 Out TURISMO RURAL, AGORA TAMÉN

Por segundo ano consecutivo está en marcha a iniciativa Turismo Rural, Agora Tamén co obxectivo de promocionar o destino Galicia a través do turismo rural e a súa oferta complementaria. O proxecto promóveo o Clúster de Turismo de Galicia xunto con dous dos seus asociados, a Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR) e a naviera Nabia.

Deixámosvos o enlace no que poderedes acceder á información completa: galiciaturismorural.es/verano-2017

Buscade tamén nas redes sociais de Galicia Turismo Rural e seguide os sorteos e novas informacións.

Non perdades tempo, informádevos e participade… poderedes gozar de Galicia!!