S_A_L_I_T_R_E

S_A_L_I_T_R_E

ESTAMOS DE ANIVERSARIO e celebrámolo  implicando aos sectores social e educativo

 

Arenaria Coordinación adicada á realización de actividades educativas centradas na divulgación científica e na educación ambiental, fai un guiño ás entidades que ocupan a meirande parte dos seus servizos.

— SALITRE —

Con motivo do noso 15º Aniversario lanzamos a iniciativa SALITRE , un concurso co que pretendemos involucrar a diferentes centros e entidades nunha iniciativa de carácter lúdico educativo.

O  9 de abril cúmprense quince anos do comezo da andadura da nosa entidade e é por iso que promovemos un concurso, que mistura os ámbitos artístico e científico, destinado a entidades dos eidos educativo e do traballo con persoas con discapacidade.

O obxectivo é resaltar a importancia das relacións con estas entidades no transcurso do tempo e poñer de manifesto a importancia da Ciencia nas nosas vidas así como a preservación dos océanos e do medio ambiente.

 

OBXECTIVO XERAL

Festexar, de xeito específico cos eidos educativo e do social, o 15º Aniversario de Arenaria Coordinación cun concurso de carácter lúdico educativo e vinculado ao eido do medio ambiente e da ciencia que terá o seu colofón na data do noso aniversario, 9 de abril.

 

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Involucrar na conmemoración aos centros educativos cos que traballamos e outros que desexen participar.

Implicar nesta celebración ás entidades que desenvolven o seu traballo con persoas con discapacidade.

Dar a coñecer a traxectoria vital da nosa entidade a través dunha ferramenta, o concurso, co que implicar aos nosos clientes e a outras entidades interesadas.

Aproveitar o aniversario para seguir destacando a importancia da preservación dos espazos naturais.

Fomentar o coñecemento das ciencias mariñas e da conservación dos océanos.

 

ÁMBITO DE ACTUACIÓN

Comunidade autónoma de Galicia.

 

A QUEN VAI DIRIXIDO?

 

 

TEMÁTICAS DO CONCURSO

 

  1. Cardume… de artistas!

Temática para a categoría dos 3 aos 5 anos.

Os participantes tendrán que plasmar nun mural e a través do traballo en equipo, como un cardume, o que  ven no mar… Queremos ter a visión dos escolares do que para eles é o mar, nas diferentes zonas.

  1. Mergúllate! Quen habita na túa ría?

Temática para as categorías dos 6 aos 12 anos.

Categoría sobre biodiversidade mariña donde os participantes tendrán que plasmar curiosidades da flora e fauna das rías galegas. Os escolares aportarán algo sobre especies características da súa zona que descubriran este verán, que estean estudando na escola, que degustasen por primeira vez …

 3. Cuadrilla oceanográfica!

Temática para as categorías dos 13 anos en diante.

As predicións din que no ano 2050 haberá máis plásticos nos océanos que peixes. Por esta razón, queremos implicar aos participantes de esta categoría nuhna actividade de participación cidadá para que involucren a súa localidade en propostas para resolver esta gran ameaza e conseguir o océano que todos desexamos.

 

Temas Transversais, a valorar polo xurado.

  • A inclusión na educación.
  • A Igualdade na Ciencia.
  • Arenaria Coordinación.
  • Científicos/as de relevancia.
  • ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible).
  • O Parque Nacional M – T  Illas Atlánticas de Galicia.

 

CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN

 

 

 

NOTA: Para coñecer información en detalle sobre o formato dos traballos, as súas características e requisitos técnicos, os criterios de valoración dos mesmos ou os premios aos que optades, DESCARGA AQUÍ AS  BASES

 

XURADO

Está composto por:

  • Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia.
  • Rogelio Santos Queiruga. Pescador e divulgador.
  • Lidia Nieves Domínguez. Graduada en Belas Artes.
  • Juan Martínez. Presidente Fundación Down Compostela.
  • Lara García, divulgadora científica Grupo ECOBIOMAR (IIM CSIC – Consello Superior de Investigacións Científicas).

 

COLABORACIÓN

Nesta edición contamos coa colaboración da FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CAMILO JOSE CELA ( (web)

 

Moitísimas grazas a todos e todas elas por adicar parte do seu tempo e experiencia a formar parte e facer posible esta iniciativa!!!!

 

 

PRAZOS QUE DEBES LEMBRAR

 

  • O prazo para inscribirse e comunicar a súa participación comezará a partires do día de recepción destas bases no correo electrónico do centro (luns día 16 de outubro) e finalizará o venres día 3 de novembro ás 15.00h de 2023.
  • O prazo límite para entregar as creacións será o vindeiro 15 de marzo de 2024 ás 15.00h

 

 

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE INSCRICIÓN

Amplíase o prazo de comunicación da vosa participación e inscrición no S_A_L_I_T_R_E ata o luns día 15 de xaneiro.

 

 

PARA PARTICIPAR

Inscribe ao teu grupo a través do seguinte formulario:

S-A_L_I_T_R_E

 

 

 

 

 

 

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.