Sensibilización ambiental en Arousa Norte da man do GALP RÍA DE AROUSA

Sensibilización ambiental en Arousa Norte da man do GALP RÍA DE AROUSA

 

O GALP RÍA DE AROUSA a través das súas actividades de dinamización segue a apostar un ano máis pola educación ambiental para o que manterá tamén este curso escolar 2018/2019 o seu programa “Actividades medioambientais en Arousa Norte” co que pretende:

  • seguir dándose a coñecer mediante a realización de actividades relacionadas coa protección do medio ambiente, involucrando para eso aos diferentes concellos, confrarías, asociacións e outras entidades do territorio.
  • fomentar a protección do medio natural e colaborar coa súa protección.
  • promover a participación entre entidades que forman parte do grupo de acción local de pesca.
  • achegar aos escolares de Arousa norte a situación medioambiental actual no tocante a contaminación mariña, os seus efectos e as maneiras que, entre todos, temos de combatela…

Para todo eso realizaranse actividades nos cinco concellos da marxe norte da ría (Catoira, Rianxo, Boiro,  A Pobra e Riveira) con diferentes colectivos como escolares, asociación de mulleres, colectivos de persoas con diversidad funcional ou familias cos que se levarán a cabo actividades coas que coñecer a importancia de espazos naturais do nos entorno como o: a illa de Sálvora perteneciente ao parque nacional das Illas Atlánticas de Galicia, o parque natural de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, a desembocadura do río Ulla ou outras zonas costeiras de praia e montaña.

 

O NOSO PAPEL NESTE PROGRAMA… monitores especialistas e profesionais do ámbito das ciencias experimentais e divulgación científica.

Arenaria Coordinación será, unha vez máis, a entidade encargada da execución completa de programa. Seremos os encargados de levar a cabo as sesións cos destinatarios polo noso perfil de oceanógrafos con experiencia en actividades e proxectos de educación ambiental e divulgación científica con escolares. Estamos encantados!!! por eso xa vemos en marcha a preparación dos materiais e contidos, contacto cos centros educativos e medios de comunicación, …

 

PRIMEIRA XORNADA … Parque Nacional Marítimo – Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Mañá mércores día 22 de maio visitamos a Illa de Sálvora cun grupo de 40 mulleres do Concello de Riveira, participantes de diferentes programas de actividades municipais. Embarcamos sobre as 10.30h ao lado da longa e estaremos na illa sobre 3 horas, nas que aprendemos sobre o espazo protexido, a súa importancia, a recente declaración como Ben de Interese Cultural e os motivo polos que debemos apostar pola conservación destes marabillosos recunchos!!

Xa vos contaremos e amosaremos fotos e vídeos. Seguídenos tamén nas nossas redes sociais: Facebook, Twitter e Instagram.

+ ACTIVIDADES PROGRAMADAS

1.- O vindeiro mércores día 12 de xuño iremos, en horario de tarde, a unha zona de marisma no concello de A Pobra, cun grupo de 15  persoas con diversidade funcional e faremos unha actividade sensorial sobre o espazo no que nos atopamos.

    

 

2.- O día 24 de xuño asistiremos punto coa Asociación AMBAR de persoas con diversidad funcional á zona de desembocadura do río Ulla en Catoira, donde descubriremos os motivos polos que espazos coma ese deben ser conservados.

3.- Estivemos na illa de Sálvora con alumnado de 2º de ESO do IES Félix Muriel de Rianxo… visitamos a aldea, o Pazo, vimos as crías de gaivota e incluso nos deu tempo a darnos un chapuzón na praia!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

4.- As nenas e nenos do Centro Socio Cultural de Cabo de Cruz no Concello de Boiro tamén participaron esta edición do programa a través dunha visita ás charcas de Carragueiros, na que aprenderon, co noso compañeiro David, sobre a fauna e flora desde espazo, a contaminación mariña, a importancia do mantemento destes espazos, …

 

 

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.