O proxecto Mytilus Avanza!

O proxecto Mytilus Avanza!

O proxecto Mytilus avanza e queremos contarvos cómo vai! Para coñecer todo o programa deste proxecto, levado  a cabo pola Asociacion Mexilloeira Rianxeira, co apoio do Galp Ría de Arousa, facer  click aquí 

Neste caso, vos explicamos o traballo que levaron a cabo os escolares do Instituto Félix Muriel, de Rianxo, que fixeron unha serie de sesións con profesionais de diferentes sectores, pero vinculados ó mundo do mexillón, é dicir, atopámonos no seguinte punto deste programa:

3.- Sesións divulgativas no IES FÉLIX MURIEL de Rianxo (colaboración a nivel local, traballo en rede coa comunidade educativa).

E neste caso, estas sesións foron moi participativas, tivemos perfis moi variados, dende unha Doctora en Ciencias do Mar experta en mexillónv(Yolanda Ruiz), a directora do Intecmar, Covadonga Salgado, o Cociñeiro Miguel Mosteiro, Nona e Suso, traballadores do mexillón, e incluso outro tipo de traballador do mar como é Rogelio Santos Queiruga. Diferentes persoas, pero todas unidas pola súa paixón polo mar, e isto foi o que se transmitiu ós escolares.

Agora imos falar de cada unha destas sesións:

Yolanda Ruiz- Doctora en Ciencias do Mar, coñecemento biolóxico do mexillón e disección do mesmo!

 

Nesta sesión o alumnado aprendeu sobre a bioloxía do mexillón, a qué filo pertence, qué come, e además, o viron por dentro! para saber qué órganos ten e cómo funciona. Sen dúbida, unha sesión totalmente manipulativa e didáctica!

 

NONA e SUSO, da Asociación Mexilloeira Rianxeira, e o cultivo do Mexillón

 

 

 

Nona e Suso, traballadores en activo e membros da Asociació Mexilloeira Rianxeira, explicaron cómo é o cultivo do mexillón en batea, dende que se vai a pola mexilla, ata que alcanza o tamaño comercial de venda, e os tipos de cultivo que existen.

 

Covadonga Salgado, Directora do Intecmar

 

 

Na seguinte sesión, tivemos a sorte de contar con Covadonga Salgado, directora do Intecmar, o Instituto tecnolóxico do Mar, centro de referencia a nivel estatal e europeo, de control da calidade do medio mariño e a aplicación das disposicións legais en materia de control técnico-sanitario dos produtos do mar. Neste caso, Covadonga explicou qué traballos leva a cabo o Intecmar.

 

Miguel Mosteiro, cociñeiro, GASTROLAB AROUSA

 

 

Neste caso, con Miguel Mosteiro, utilizamos o mexillón para aprender sobre a súa calidade como alimento,e o seu valor nutricional, un produto cunhas características excelentes dende o seu punto de visa nutricional, e moitas das posibilidades que ofrece á hora de comelo. Miguel fíxonos unha degustación de varias preparacións, e o alumnado quedou encantado!

 

Rogelio Santos Queiruga, pescador e “influencer do mar”

 

E para acabar, Rogelio Santos Queiruga, pescador e nestes últimos anos “influencer” das redes sociais, cos seus videos sobre pesca sostible e responsable, falounos un pouco da súa experiencia no mar, e cómo debemos coidar entre todos e todas del, saber respectar os tamaños, os períodos de veda e a ter un comportamento máis responsable coa natureza que nos rodea.

 

Destas sesións, os alumnos andan a fozar coa tecnoloxía e están a crear uns videos sobre as mesmas, cos contido que a eles/as lles pareceron mais interesantes. Estamos xa expectantes de ver o resultado!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.