Proxecto Mytilus. Traballo en rede

Proxecto Mytilus. Traballo en rede

EN BUSCA DA MELLORA NO FUNCIONAMENTO DA ENTIDADE. TRABALLO EN REDE A NIVEL LOCAL

 

O OBXECTIVO XERAL DO PROXECTO?

Mellorar as labores e funcións diarias da nosa entidade  mediante 1.- a adecuación dos puntos de control que temos nos portos e 2.- a valorización do noso producto a través actuacións de divulgación e promoción.

O que se prevé que poidamos acadar co proxecto que queremos implementar é:

– Puntos de control adaptados ás necesidades diarias que temos.

– Relación administrativa máis funcional e áxil cos nosos clientes e proveedores gracias á mellora tecnolóxica.

– Promoción do noso produto nas canles que máis se moven a día de hoxe: as redes sociais.

– Materiais de promoción sobre o noso produto elaborados directamente polos escolares para a súa publicación nas redes que eles máis coñecen, as sociais.

– Produto máis e mellor valorado.

 

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS?

__Mellorar as labores diarias de control  do produto mediante a adecuación dos puntos de control dos que dispoñemos en  Vilaxoán e Rianxo.

__Favorecer a nosa relación cos clientes e proveedores  mediante unha axilización nos trámites administrativos (entrega de albaráns e facturas por exemplo).

__Enxalzar o sector bateeiro e tratar de manter a súa continuidade no tempo a través de actuacións de divulgación coa comunidade educativa.

__Poñer en valor o noso produto mediante actuacións de promoción e comunicación deseñadas e postas en  marcha polos propios escolares.

 

Este proxecto  pode axudar a  mellorar  dous aspectos que para a asociación promotora se consideran clave:

  1. a relación da asociación cos clientes e proveedores, mediante:

A1.- Implantación dun novo programa informático co que axilizar e facer máis funcionais os trámites administrativos e

A2.- Adecuacións dos puntos de control que temos nos portos, en Vilaxóan e Rianxo para o control do produto (mexillón) que extraemos e comercializamos.

2.- a valorización do produto e a posta en valor do noso sector , mediante:

B1.- divulgación no centro educativo de secundaria e

B2.- promoción en redes sociais deseñada e publicitada polos propios escolares.

 

 

 

 

 

 

AS ACTIVIDADES QUE SE VAN REALIZAR para desenvolver as actuacións mencionadas anteriormente SON:

1.- Creación e implementación dun programa informático.

2.- Adecuación e mellora dos puntos de control que a entidade promotora ten nos portos de Vilaxoán e Rianxo.

3.- Sesións divulgativas no IES FÉLIX MURIEL de Rianxo (colaboración a nivel local, traballo en rede coa comunidade educativa).

4.- Elaboración de material audiovisual sobre o noso sector e produto, elaborado polos escolares e difundido a través das redes sociais que eles manexan.

 

O PROMOTOR?

A Asociación Mexilloeira Rianxeira, entidade asociativa do sector pesqueira adicada ao traballo do mexillón .

 

TIPO DE PROXECTO?

Bianual. Desenvolverase en 2021 e 2022 (ata outubro).

 

ROLDA DE PRENSA INICIAL

O día 13 de outubro tivo lugar unha presentación aos medios de comunicación, na sede da Asociación Mexilloeira Rianxeira, en Rianxo e na que interviñeron:

-Jesús Méndez Graña, presidente da entidade.

-Rosa Carballo, xerente do GALP Ría de Arousa.

-Ramón M. Veiga, director do I.E.S. Félix Muriel e

-María Calvo, asistencia técnica (de Arenaria Coordinación, S.L.U.)

 

 

Os medios de comunicación presentes foron:

 

– La Voz de Galicia, edición Barbanza ( fai click aquí )

– El Correo Gallego:

Plan Mytilus

Del aula a las bateas

– Canal Rías Baixas:

Fai click aquí

– Tv Barbanza

 

Podedes acceder á informaicón completa do proxecto neste enlace, na web do GALP RÍA DE AROUSA:

Información xeral da axuda acadada

 

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.