Escola de Tempo Libre

As escolas de tempo libre son centros de formación específicos de educación non formal no ámbito do tempo libre. En Galicia están reguladas polo Decreto 50/2000 e polo Decreto 58/2012.

 

A formación que se imparte nas Escolas de Tempo Libre de Galicia son:

 

  • Monitor/a de Tempo libre
  • Director/a de Tempo libre
  • Director/a de Campos de Traballo

 

Arenaria Coordinación conta cunha Escola de Tempo libre propia: “Escola de Tempo Libre Arenaria”, situada na Parroquia de Santa María de Dodro, lugar de Vigo 138 C.P. 15981, Dodro (A Coruña) nas instalacións de “A Paxareira” pertencientes á Comunidade de Montes Balouta e Fontecoba e inscrita no Rexistro de Escolas de Tempo Libre da Comunidade Autónoma Galega.

Novas convocatorias 2020

Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Ames, a través da área de mocidade, ven de adxudicarnos a impartición dun novo curso de MONITOR DE TEMPO LIBRE.

 

As características en canto a datas, horarios e lugar de realización van no cartel que vos amosamos e para máis información e incricións podedes contactar directamente co Concello, ou na súa área de Mocidade.

 

Podes seguir todas as novidades e actualidade do curso a través das nosas redes sociais e aquí na nosa web, na páxina principal (Servizos: Escola de Tempo Libre) e no apartado de novidades.

 

Se pinchas no seguinte enlace verás fotos do noso último curso:

https://arenariacoordinacion.com/formacion-en-tempo-libre/

Persoal da escola

maria-2019

Licenciada en CC do Mar, Máster en Profesorado e Máster en Cienza e tecnoloxía de Productos da Pesca pola Uvigo

María Josefa Calvo Tarrio

Directora
Jorge

Licenciado en Cienzas do Mar pola Universidade de Vigo. Premio Nacional de Divulgación Científica otorgado pola FECYT no ano 2009.

Jorge de los Bueis Mellado

Coordinador de primer nivel
avatar

Diplomado en Turismo, máster en dirección e planificación de Turismo. Especialidade turismo urban por la USC.

Alberto Rey Castro

Coordinador de segundo nivel
avatar

Diplomada en Educación Infantil e pedagoxía terapéutica. Licenciada en pedagoxía escolar e social.

Yolanda Costas Patiño

Secretaria
avatar

Licenciada en Actividades físicas e do deporte.

Paula Rial DIeste

Docente
juanca-w

Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería e en Emerxencias Sanitarias. Instrutor en Soporte Vital Básico e Desfibrilación Semiautomática. Certificado de Profesionalidade de Socorrista en Instalacións Acuáticas e en Espazos Acuáticos Naturais.

Juan Carlos Carballido Rodríguez

Docente
0
Would love your thoughts, please comment.x