Formación

A formación é unha actividade fundamental dentro da actividade desenvolvida en Arenaria Coordinación. Creemos que a formación non formal é unha ferramenta poderosa para desenvolver as habilidades, capacidades e coñecementos da sociedade.

 

Contamos cunha gran experiencia no desenvolvemento de accións formativas específicas a medida, e estamos habilitados para impartir formación en áreas como a manipulación de alimentos, primeiros auxilios, emprendimiento, educación ambiental, tempo libre.

 

Ademáis, Arenaria Coordinación conta cunha Escola de Tempo Libre (ETL) homologada pola Xunta de Galicia, para a impartición dos cursos de Monitor de Tempo Libre, Director de Tempo Libre e Director de Campos de Traballo.

A educación non cambia o mundo, cambia ás persoas que van cambiar o mundo. Paulo Freire