Asociacións

Somos conscientes da gran diversidade de asociacións que existe e por iso contemplamos ofrecer servizos adaptados e a medida para cada unha delas, sempre no marco do seu ámbito e desde o punto de vista máis profesional.

Forman parte dos nosos clientes asociacións veciñais, culturais, de festas, asociacións profesionais do sector pesqueiro e doutros sectores, asociacións xuvenís, empresariais e ANPAs (asociacións de nais e pais de alumnos). Cos cales ofrecemos os seguintes servizos:

  • Cumplimentación de documentación: para solicitude de axudas no marco de convocatorias oficiais.
  • Presentación de proxectos: (dende a redacción ata a súa entrega e mesmo a xustificación unha vez executados) ben sexa para convocatorias oficiais da administración ou entidades privadas, …
  • Formación: Impartimos cursos formativos e organizamos xornadas de formación sobre as temáticas de interese para cada asociación.
  • Asesoramento: para o funcionamento da entidade ou outros temas que resulten de interese.
  • Realización de actividades: (en función do tipo de asociación as actividades poderán ser de diferentes tipos. Convidámosvos a que nos comentedes que vos interesa e trataremos de organizalo para vós; encargámonos de todo desde o material necesario, ao equipo de persoal, coordinación co transporte, reservas, etc). Organizamos campamentos para os máis peques da vosa entidade, expuxéstesvolo?

Traballamos de maneira específica e durante todo o ano con ANPAs ofrecendo servizos de:

  • Actividades extraescolares.
  • Organización e Coordinación de:
    • Festas e xornadas de celebración: entroido, nadal, semana santa, etc.
    • Visitas e excursións de fin de curso.
    • Programas de conciliación: en días puntuais ou en períodos vacacionais.
    • Xornadas formativas, charlas de sensibilización a escolares e pais/nais.
  • Apoio na solicitude e presentación de proxectos e documentación: a convocatorias de axudas da administración autonómica, local e Deputación.

Os antigos Grupos de Acción Costeira agora chamados GRUPOS DE ACCIÓN LOCAL DE PESCA e tamén constituídos como asociacións son clientes de Arenaria Coordinación, S. L.U.

Traballamos de forma puntual co GALP Nº5 Ría de Arousa na execución de proxectos de dinamización. A continuación mostrámosvos algún dos proxectos que fixemos para el:
MULLERES DO MAR DE AROUSA

Este proxecto enmarcado nas actividades de dinamización promovidas polo GALP Ría de Arousa levouse a cabo entre setembro e decembro de 2015 e tiña como obxectivo poñer de manifesto a importancia da muller no sector do mar tomando como exemplo o sector feminino da ría de Arousa.

 

O proxecto desenvolveuse a través de dúas liñas:

  • De investigación: consistente na recompilación de datos nas diferentes entidades do sector e administracións cos que se elaborou un traballo estatístico do que extraer información sobre a situación laboral e o papel da muller no sector nesta ría.
  • De divulgación: desa información, a través da creación gráfica e/ou audiovisual dun vídeo no que resaltar os diferentes perfís de traballadoras do mar cos que conta o sector en Arousa.

O proxecto foi executado por un equipo de persoal con experiencia na realización de actividades e proxectos co sector pesqueiro e realizáronse varias reunións en diferentes entidades ao longo de toda a ría; confrarías, concellos, asociacións de mexilloeiros, de redeiras, mariscadoras, …

Os datos obtidos e o vídeo elaborado foron presentados publicamente nun acto en Vilagarcía de Arousa ao que asistiron as mulleres protagonistas así como membros do GALP e representantes da Consellería do Mar.

ACTIVIDADES AMBIENTAIS NA RÍA DE AROUSA

Este proxecto incluído nas actividades de dinamización do GALP Ría de Arousa, entidade que o promoveu, foi realizado no outono de 2016 e con el pretendíase concienciar á cidadanía en xeral e aos escolares en particular sobre a importancia da non contaminación, a través de actuacións de recollida de residuos en zonas costeiras que levaron a cabo en 5 concellos do marxe norte da ría: Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Catoira.

As actuacións propostas foron:

  • Xornadas de sensibilización ambiental en centros escolares: nelas o equipo de monitores de divulgación ofrecía unha visión xeral da situación do planeta en canto a contaminación e plantexaba a modo de reflexión que se pode facer a nivel local para fomentar a melloría.
  • Xornadas de campo para recollida, clasificación e estudo de diferentes tipos de residuos.

Destinatarios: escolares de primaria e colectivos que traballan con persoas con diversidade funcional (A Creba e Asociación AMBAR).

Houbo máis de 280 participantes que durante case 3 meses estiveron a abordar a problemática e a contaminación e as posibles solucións desde os seus centros educativos e localidades.