A MULLER E O MEDIO AMBIENTE EN AROUSA

09 Nov A MULLER E O MEDIO AMBIENTE EN AROUSA

A Deputación da Coruña, en colaboración coa Asociación de Mulleres do Mar de Arousa e o Concello de Rianxo, no marco do Plan de Emprego Local, PEL 2016- 2019, ten prevista a realización da “Xornada Muller e Medio Ambiente na Ría de Arousa” o próximo sábado 17 de novembro no Auditorio de Rianxo.

A xornada abordará de xeito profesional, o papel actual que ocupa e desempeña a muller no sector pesqueiro da ría de Arousa e a situación medioambiental na mesma. Está dirixida ao público en xeral, pertencente ou non ao sector pesqueiro, interesado en coñecer en profundidade a situación do sector pesqueiro galego e en concreto, sobre a situación de contaminación mariña e efectos e consecuencias do cambio climático na ría.

O obxectivo principal da xornada é contribuir ao recoñecemento social das mulleres que forman parte do sector pesqueiro da provincia da Coruña, en concreto no territorio da Ría de Arousa así coma expoñer e abordar temas de interese público xeral como a situación medioambiental na Ría de Arousa.

De xeito paralelo ao desenvolvemento da xornada e para facilitar a asistencia das persoas adultas ao acto, desenvolveranse obradoiros e actividades de divulgación ambiental con nenos e nenas a partires de 6 anos, que estarán acompañados/as en todo momento por monitores/as de divulgación de ARENARIA COORDINACIÓN!!!

Prégase confirmación de asistencia antes do 15 de novembro, no 981 080 509 ou no correo pel@dacoruna.gal, indicando nome, apelidos, asociación/empresa, e si asiste con nenos/as o número.