30º Aniversario Nobel de Literatura!

30º Aniversario Nobel de Literatura!

 

           Cartel difundido pola Fundación

No mes de outubro neste 2019 conmemórase o 30 Aniversario da concesión do PREMIO NOBEL ao padronés Camilo J. Cela e na súa casa están de celebración!!

 

Por este motivo, haberá diferentes actividades na sede da Fundación en Iria Flavia e unha delas é a que realizaremos nós, e que vos amosamos nesta publicación e no cartel que vedes máis arriba.

Porque nos encanta facer cousas que non esperades, en sitios nos que non volas imaxinariades … SESIÓN DE EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS NA CASA DUN PREMIO NOBEL DE … LITERATURA!!!!

  • Cando? sábado día 19 de outubro.
  • Onde? na casa do escritor Camilo J. Cela, que está de aniversario.
  • Horario? de 10h a 12h
  • A quien vai destinado? A toda a familia, a todos os públicos, a todas as persoas que queiran pasar un momento divertido aprendendo!
  • Que faremos? Achegaremos o mundo da Ciencia a todos vós, dun feito dinámico e divertido e coñeceremos a outros Premios Nobel no eido científico.
  • Como o imos facer? Contándovos cousas curiosas, dun feito en que todos as ides comprender! Ademais poderdes ser os nosos axudantes na maioria dos experimentos e explicacións que imos realizar.

— O CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro faise eco da actividade na súa página web, para que as familias do centro estear informadas:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpilorenzobaleiron/node/1435

Como foi a xornada…

Así foi como deu comezo… moi cineastas nos puxemos!

Tivemos público de diferentes idades que participou nos experimentos propostos sen problema algún! Repasamos os premios, ademais do Nobel, cos que conta o escritor padronés Camilo J. Cela e falamos dalguns dos seus títulos máis coñecidos… sónanvos LA FAMILIA DE PASCUAL DUARTE? LA COLMENA? MADERA DE BOJ?

             Fotografía no paraninfo da fundación Camilo J Cela

 

Ademais fixemos un repaso por persoeiros ilustres que tamén contar con premio Nobel pero no eido da física, da química, da mediciña… e incluso falamos dalgúns científicos e científicas que non acadaron ese premio (porque só se concede a título póstumo) pero que realizaron traballos, investigacións e descubrimentos que marcaron fotos históricos polos que ágora son recoñecidos.

                   Interacción co público ao inicio da sesión

   Durante a realización dos experimentos

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Coñecías este cómic??

O día do evento descubrimos un fabuloso cómic sobre a Fundación e a vida de Camilo que non coñeciamos; un estupendo recurso co que achegarnos máis á vida do escritor!

 

Cómic editado pola Fundación e a Consellería de Cultura   da Xunta de Galicia

 

 

 

Sin comentarios

Los comentarios para esta noticia están desactivados.