RELEVO2020

O proxecto de colaboración  RELEVO 2020 é unha iniciativa de carácter formativo promovida polos cinco Grupos de Acción Local do 

Sector Pesqueiro (GALP) que van de seguido: GALP A Mariña – Ortegal, GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Golfo Ártabro Sur, GALP Seo de

Fisterra Ría de Muros Noia Costa Sostible e GALP Ría de Arousa. Trátase dun proxecto que busca o relevo xeracional no sector pesqueiro

mediante a capacitación de mozos e mozas, a través da formación e mellor coñecemento dos recursos dos territorios.

OS SEUS OBXECTIVOS

– Facilitar espazos de posta en común, en relación ao sector pesqueiro, para mozas e mozos do territorio que teñen inquietudes e obxectivos comúns e moito que aportar nos eidos pesqueiro e social.

– Sensibilizar aos mozos e mozas na importancia que o sector pesqueiro ten no desenvolvemento territorial e a súa repercusión no patrimonio, desenvolvemento turístico e oferta gastronómica.

– Continuar apoiando a profesionalización do sector pesqueiro e fomentando a innovación para que se siga a manter como un motor da nosa economía a través da creación de emprego, apoio á empleabilidade e/ou da inclusión social.

– Poñer de manifesto a importancia de preservar os recursos e zonas costeiras e de loitar en contra do cambio climatico. 

O TERRITORIO

O proxecto levarase a cabo nos territorios dos GALP participantes que abranguen os seguintes concellos:

 

_GALP A MARIÑA – ORTEGAL: Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño.

_GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE: Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne, Pontedeume.

_GALP GOLFO ÁRTABRO SUR: A Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada.

_GALP SEO DE FISTERRA RÍA DE MUROS NOIA COSTA SOSTIBLE: Fisterra, Corcubión, Cee, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia, Porto do Son.

_GALP RÍA DE AROUSA: Boiro, Cambados, Catoira, O Grove, Illa de Arousa, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribadumia, Ribeira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa.

A QUEN VAI DIRIXIDO

 

Persoas interesadas que teñan 16 ou máis anos.

Non é preciso ter experiencia previa no sector pesqueiro nin estar en posesión de ningunha titulación relacionada con el.

O PROGRAMA FORMATIVO

 

– Levarase a cabo entre setembro de 2020 e abril de 2021, ambos meses incluídos. E desenvolveranse dúas  edicións do mesmo: a primeira entre setembro e decembro de 2020 (CUATRIMESTRE 1) e a segunda, entre xaneiro e abril de 2021(CUATRIMESTRE 2). Son independentes entre sí, podes anotarte na que prefiras.

– Cada cuatrimestre contará coas actuacións que podes ler máis abaixo e realizarase en cada un dos territorios dos GALP participantes.

– Haberá 15 prazas en cada cuatrimestre (30 prazas en total para cada GALP).

– A aceptación do alumnado realizarse segundo estes dous criterios:

  •  por rigorosa orden de inscrición e
  • seguindo unha distribución homoxénea dentro de cada territorio (é dicir, tratando de que as prazas estean compensadas e repartidas de igual maneira entre os diferentes concellos que forman parte do ámbito de influencia de cada GALP).

– O horario (de mañá ou de tarde) será acordado cos inscritos de cada territorio para favorecer a súa participación. O tempo que che restará este curso será, ao sumo, de dúas medias xornadas cada semana, é decir, un máximo de dúas mañás ou dúas tardes cada semana.

-A ubicación xeográfica (localidade) para a  realización das actuacións presenciais dependerá tamén das persoas inscritas, tratando de favorecer o mínimo desprazamento.

OS CONTIDOS

_COÑECEMENTO DO SECTOR PESQUEIRO

 

Os participantes deberán coñecer o escenario no que van profundizar, que sexan conscientes da situación actual e coñezan as ferramentas que poderán empregar para participar del activamente e para intentar melloralo.

 

_DESEÑO DA CARREIRA PROFESIONAL

 

O equipo docente traballará de xeito individual con cada participante tratando de encaixar cada situación personal nas oportunidades que o sector pesqueiro ofrece.

 

_TECEMENTO DE REDES ASOCIATIVAS E PROFESIONAIS

 

A cooperación e colaboración serán vías constantes para o mantemento e posta en marcha de proxectos en calquera ámbito.

 

_EMPRENDEMENTO ACTIVO

 

Facilitaranse as ferramentas e os recursos precisos para que os participantes poidan considerar o emprendemento en relación ao sector pesqueiro como unha posibilidade de futuro laboral.

 

_RECOÑECEMENTO DE EXPERIENCIAS INNOVADORAS

 

Haberá constantes encontros e xornadas con outros xóvenes que xa deron o paso de emprender ou acadaron un posto de traballo no sector, directa ou indirectamente.

 

_ENCONTROS PROFESIONAIS. 

 

Tamén haberá encontros con profesionais do sector que contarán a súa experiencia dende o seu posto e falarán dos perfís que se necesitan actualmente.

AS ACTUACIÓNS

_ As actuacións que se poñerán en  marcha para a execución do programa formativo e impartición dos contidos serán:

 

A) SEMINARIOS FORMATIVOS (2 por mes. Duración: media xornada) 

B) TITORÍAS INDIVIDUALIZADAS (1 cada quince días)

C) SAÍDAS DE CAMPO (mínimo 2 en cada bloque de formación de 4 meses. Duración: 2-3 horas cada visita)

D) ENCONTROS CON MOZOS E MOZAS CON EXPERIENCIA (mínimo 2 en cada bloque de formación de 4 meses. Duración: 2-3 horas cada encontro)

E) VISITAS PARA COÑECEMENTOS DOS RECURSOS NOUTROS GALPs (2 en cada bloque de formación de 4 meses. Duración: xornada completa)

F) VISITA DE ESTUDO NACIONAL á Escola de Formación de Carpintería de Ribeira “Albaola” na Comunidade Autónoma Vasca. Podes acceder á súa información este enlace: Albaola web

 

Do grupo de alumnado de cada un dos cinco GALP promotores do proxecto, haberá dúas persoas seleccionadas (10 en total) que participarán esta visita de estudo, ao remate das edición formativas. A selección esas persoas realizarase en base a una criterios formativos e de participación que o alumnado coñecerá ao inicio das sesións.

 

DÍA E HORARIO DA SEGUNDA EDICIÓN en cada un dos territorios GALP:

 

  • Territorio GALP A MARIÑA ORTEGAL: luns de tarde (a partir das 16.30h) en Foz (na Casa da Xuventude).
  • Territorio GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE: venres de tarde (a partir das 16.30h) en Miño (na sede do GALP).
  • Territorio GALP GOLFO ÁRTABRO SUR: mércores de mañá ás 10.00h na sede do GALP en Sada.
  • Territorio GALP COSTA SOSTIBLE, SEO DE FISTERRA RÍA DE MUROS-NOIA: venres de mañá (a partir das 10.00h) en Noia (na sede do GALP).
  • Territorio GALP RÍA DE AROUSA: martes de tarde (a partir das 16.30h) en Cambados (en Exposalnés).

 

Anda hai prazas libres en todos os grupos.

O EQUIPO DOCENTE

 

– Estará formado por profesionais do eido das Ciencias Experimentais e das Ciencias Sociais, con ampla experiencia na realización e coordinación de proxectos de divulgación científica centrada no medio mariño e o sector pesqueiro e en procesos de  formación.

O PROXECTO EN REDES SOCIAIS

 

 

Podes seguir o proxecto e o seu día a día, incluso comunicarte con nos buscando “Relevo2020” nas redes sociais Facebook e Instagram.

CONTÁCTANOS!

 

Escríbenos a info@relevo2020.org para facer as túas consultas ou trasladar as túas dúbidas.

 

Preme aquí para obter:

  • DOCUMENTACIÓN PRECISA PARA A INSCRICIÓN:

 

1.- FORMULARIO DE INSCRICIÓN. Accede máis abaixo, cúbreo e envíao.

2.- AUTORIZACIÓN PARA A TÚA PARTICIPACIÓN se eres menor de idade. Preme aquí para descargarla: AUTORIZACIÓN_menores