RELEVO2020

RELEVO2020

 

O proxecto RELEVO 2020 é unha iniciativa de carácter formativo que busca o relevo xeracional no sector pesqueiro a través da capacitación de mozos e mozas mediante formación e mellor coñecemento dos recursos do territorio.

Trátase dunha iniciativa promovida por cinco dos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) que hai en #Galicia e vai dirixido a persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos.

O proxecto conta con 2 bloques de formación de 4 meses de duración cada un deles, con prazas limitadas e desenvolverse nos territorios dos GALP participantes que son: GALP Ría de Arousa, GALP Costa Sostible Ría de Muros – Noia, GALP Golfo Artabro Norte, GALP Golfo Artabro Sur e GALP A Mariña – Ortegal.

  • Podedes seguilo nas redes sociais Facebook e Instagram buscando por «Relevo2020» e tamén escribir a info@relevo2020.org ou á nosa dirección info@arenariacoordinacion.com para mais información.
  • Nos vindeiros días estará xa dispoñible o espazo web relevo2020.org no que estará desglosada toda a información e no que se habilitará o formulario de inscrición para as persoas interesadas en participar.

 

 

O proxecto. AS ACTUACIÓNS.

O programa formativo estará articulado a través de diversas actuacións que podemos desglosar como segue:

  • SEMINARIOS.
  • TITORÍAS INDIVIDUALIZADAS.
  • SAÍDAS DE CAMPO PARA ESTUDO DOS RECURSOS LOCAIS.
  • ENCONTROS CON MOZOS E MOZAS CON EXPERIENCIA.
  • VISITAS PARA COÑECEMENTO DOS RECURSOS DO SECTOR PESQUEIRO NO TERRITORIO DOUTROS GALP.

 

Ademais no marco do proxecto haberá actos de presentación e clausura e distintas actuacións de comunicación para promoción e difusión do proxecto.

Se estás interesad@ en participar, infórmate a través das vías dispoñibles. Aprovecha a oportunidade de formarte e encamiñar o ten futuro.

 

Documentación e Publicacións para presentacións dos proxectos e viaxe final

Valoración asistencias alumnado

Calendario de Selección_Viaxe

Valoracións dos GALP traballo escrito

Horario exposicións martes 22

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.