ÉXITO DA XORNADA DA MULLER EN RIANXO!

ÉXITO DA XORNADA DA MULLER EN RIANXO!

A Deputación da Coruña, en colaboración coa Asociación de Mulleres do Mar de Arousa e o Concello de Rianxo, no marco do Plan de Emprego Local, PEL 2016- 2019, ten prevista a realización da «Xornada Muller e Medio Ambiente na Ría de Arousa» o próximo sábado 17 de novembro no Auditorio de Rianxo.

A xornada abordará de xeito profesional, o papel actual que ocupa e desempeña a muller no sector pesqueiro da ría de Arousa e a situación medioambiental na mesma. Está dirixida ao público en xeral, pertencente ou non ao sector pesqueiro, interesado en coñecer en profundidade a situación do sector pesqueiro galego e en concreto, sobre a situación de contaminación mariña e efectos e consecuencias do cambio climático na ría.

O obxectivo principal da xornada é contribuir ao recoñecemento social das mulleres que forman parte do sector pesqueiro da provincia da Coruña, en concreto no territorio da Ría de Arousa así coma expoñer e abordar temas de interese público xeral como a situación medioambiental na Ría de Arousa.

De xeito paralelo ao desenvolvemento da xornada e para facilitar a asistencia das persoas adultas ao acto, desenvolveranse obradoiros e actividades de divulgación ambiental con nenos e nenas a partires de 6 anos, que estarán acompañados/as en todo momento por monitores/as de divulgación de ARENARIA COORDINACIÓN!!!

Prégase confirmación de asistencia antes do 15 de novembro, no 981 080 509 ou no correo pel@dacoruna.gal, indicando nome, apelidos, asociación/empresa, e si asiste con nenos/as o número.

 

A XORNADA…

A xornada resultou fantástica: acadáronse as cotas de asistencia que se buscaban (+ de 100 persoas estiveron nas mesas redondas e os obradoiros dos máis pequenos tamén tiveron moita afluencia) e o público quedou satisfeito co desenvolvemento da mesma! O sector pesqueiro estivo representado por mulleres e homes de toda a ría, pertencentes a confrarías, empresas, asociacións etc que quixeron poñerse ao día sobre a situación actual da ría en canto a contaminación e ter un punto máis de encontro para falar sobre as suas inquedanzas…

Damos as grazas á Asociación de Mulleres do Mar de Arousa e á Diputación de A Coruña por ter pensado en nos para a organización e coordinación do evento e tamén as grazas a todas as persoas, do sector pesqueiro e doutros que nos quisieron acompañar durante a xornada.

NA PRENSA…

 

 

La Voz de Galicia 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/

barbanza/rianxo/2018/11/17/presidente-diputacion-destaca-span-langglimportancia-clavespan-mujeres-sector-pesquero/00031542470327463554754.htm?fbclid=IwAR0ZqBnTfk1J7UYftD2bd-J8T93XpAcnK7PqWwbSdrU0Zbcd8BzJ5O_3wQo

 

 

 

 

 

 

La Voz de Galicia – Edición barbanza

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2018/11/18/mujeres-ria-arousa-reivindican-papel-pesca/0003_201811B18C4991.htm?fbclid=IwAR2XeJRP0G2mnTXDU9r7VLGLp4gAyaK2E5LWpfH8rVTpKDk_6XLjL-nLJgg

 

El Correo Gallego

https://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/gonzalez-formoso-destaca-rianxo-papel-da-muller-no-mar/idEdicion-2018-11-18/idNoticia-1149070/?fbclid=IwAR0zEcycdRvMjfGu6mQ38aXDkLi2K84mtwzRHR3bDzwOFgTD1iP0aysirBA

 

 

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.