Artes e Aparellos de pesca

Artes e Aparellos de pesca

  Si estás neste espazo web é porque tiveches acceso ao noso roll sobre esta temática.

Aquí compartimos información acerca das artes e aparellos de pesca utilizados en Galicia.

O marisqueo é a actividade baseada na cría, captura, e recollida de moluscos, crustáceos, tunicados, equinodermos e outros invertebrados mariños. Ademais, abarca os labores de mantemento das zonas asignadas para esta actividade. Desenvólvese a pé ou dende embarcación na zona marítima ou marítimo-terrestre e faise de xeito exclusivo con artes selectivas para cada especie.

Esta actividade ten unha grande importancia social en Galicia, xa que dela dependen os ingresos de preto de 4.000 persoas empregadas no marisqueo a pé, na súa gran parte mulleres. O marisqueo a flote, porén, é desempeñado principalmente por homes.

As especies principais que capturan os mariscadores a pé son: a ameixa xaponesa, ameixa fina, a ameixa babosa e o berberecho.

 

A importancia da pesca en Galicia é un feito incuestionable, acreditado por unha frota de preto de 4.500 buques, unhas capturas de peixe fresco superiores ás 130.000 toneladas e unha facturación media de máis de 435 millóns de euros.

 

Para máis información ou a posibilidade de levar a cabo un obradoiro sobre o tema, contacta con nos!

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.