Centros Educativos

Os centros educativos son un dos colectivos co que máis traballamos dado que a maioría das actividades que realizamos son de carácter educativo e con escolares (de diferentes idades). Algunhas das iniciativas que os centros educativos poden realizar connosco son as que van a continuación:

Talleres / Actividades de Divulgación Científica

Pola nosa experiencia no ámbito da comunicación social da ciencia adaptamos a temática que resulte de interese ao centro educativo para deseñar unha actividade a medida e realizala nas vosas instalacións (desprazámonos ao voso centro).

A duración da actividade así como a temática e o destinatario (infantil, primaria, secundaria, …) elixídelos vós. Só tedes que chamarnos para confirmar a data e trataremos de contarvos curiosidades sobre o tema elixido dunha maneira amena e facilmente entendible.

Algúns exemplos de talleres son os que vos deixamos a continuación pero se hai algún tema que vos interese por raro que vos pareza (como se mide a idade dos peixes? como crecen os cangrexos? porqué Galicia e Nova York teñen un clima tan diferente estando á mesma altitude?) … non dubidedes en chamarnos!

1.- QUEN VIVE NAS RÍAS?

As rías galegas son un espazo descoñecido por gran parte da poboación. Dentro delas podemos atopar representantes de todas as “familias” de animais e vexetais do mundo mariño dende o máis coñecido, “o noso marisco”, ata peixes disfrazados de cabalos ou pedras, animais con cuncha ou con caparazón, animais que semellan prantas… coñeceremos dunha maneira manipulativa e lúdica os principais habitantes da nosas augas grazas aos materiais cos que contamos e que por suposto levaremos ao voso centro!

 

O obxectivo principal da actividade é coñecer máis de cerca toda a riqueza biolóxica que presentan as nosas rías e a súa relación coa sociedade.

 

Obxectivos secundarios:

  • Aprender sobre os diferentes grupos taxonómicos.
  • Informar sobre o parentesco entre diferentes animais.
  • Incentivar a curiosidade polas cousas  do noso entorno.
  • Impulsar a conciencia ambiental.
  • Crear inquietude intelectual.

Palabras clave: familias de animais, peces óseos, peces cartilaxinosos, moluscos (bivalvos, gasterópodos, cefalópodos) crustáceos, equinodermos, cnidarios, poríferos (esponxas), poliquetos (gusanos), hábitat, ecosistema, alimentación, reproducción, ciclos de vida, relacións de animais (simbiose, mutualismo, competencia, comensalismo, parasitismo, deprededación).

2.- A MAXIA DA CIENCIA

É maxia? ¡Non, é ciencia!

 

Moitos dos “trucos” de ilusionismo, invisibilidade, etc… están baseados en fenómenos físicos, químicos, ópticos…, en definitiva, son feitos científicos e como tal, teñen a súa explicación!

 

A través de experimentos, xogos, probas de inxenio ou xoguetes  os participantes poderán coñecer porque suceden certos feitos da súa vida cotiá; ¿porque os zapateiros poden camiñar sobre a auga? ¿existe a invisibilidade? ¿podo face lume na miña man sen queimarme? ¿podo conxelar auga en segundos?

 

Da man dos nosos divulgadores e das nocións básicas que nos ensinarán adentrarémonos no marabilloso mundo da ciencia e serán os participantes quen leve a cabo moitos dos experimentos vendo así que…non hai truco! non é maxia! é ciencia!

 

Os experimentos tocaran temas como física, química, bioloxía e ciencias mariñas, electricidade, óptica, mecánica…todo iso adaptado ás idades dos destinatarios. A metodoloxía empregada ten un enfoque totalmente práctico que fomenta a participación e implica aos participantes permitindo diversión e aprendizaxe ó mesmo tempo.

 

O obxectivo principal é achegar a ciencia á sociedade dun xeito lúdico.

 

Obxectivos secundarios:

  • Xerar inquietude polo mundo que nos rodea.
  • Incentivar a curiosidade científica e conseguir menguar ese medo ás “asignaturas de ciencias”.
  • Coñecer como e porque suceden determinados fenómenos cos que convivimos e aos que estamos acostumados.
  • Fomentar a manipulación e observación como vías de aprendizaxe significativo, facendo protagonistas aos participantes.

Palabras clave: ciencia, química, física, matemáticas, fenómenos cotiáns, arcoiris, cor do ceo e do mar, tensión superficial, refracción, reflexión, luz, invisibilidade, auga, lume, osíxeno, aire, aceite, densidade, sal, océanos, correntes mariñas, reaccións químicas, laboratorio, microscopio, disección, óptica, …

3.- CAMBIO CLIMÁTICO

Que é o Cambio Climático? e o Quentamento Global?  e o Efecto Invernadoiro? Son o mesmo?

 

Moitas destas preguntas escoitámolas a diario e aparecen a miúdo en diferentes ámbitos da sociedade (académico, en medios de comunicación, …) e a maioría das veces non somos quen de dar unha resposta ás mesmas.

 

Son moitos os factores implicados nos procesos que están a ter lugar na Terra e compre ter claros certos conceptos e unha visión global do que acontece para poder comprendelo e chegar a responder a esas cuestións.

 

A través de experimentos e outras experiencias prácticas faremos que os escolares entendan todos estes conceptos que ás veces son un pouco abstractos e dificiles de asimilar sobretodo se se tratan de entender de forma teórica ou só co uso de imaxes e letra.

 

O obxectivo principal é comprender os problemas ambientais que están a acontecer no noso planeta sendo coñecedores das súas causas e das posibles consecuencias.

 

Obxectivos secundarios:

  • Tomar conciencia da importancia dos nosos actos no medio ambiente
  • Crear unha sociedade máis implicada e responsable coa conservación do noso entorno.

Palabras clave: efecto invernadoiro, acidificación do océano, CO2, correntes oceánicas, salinidade, temperatura, circulación termohalina, desxeo dos polos, atmosfera, capa de ozono, contaminación, ecosistemas, problemas ambientais, animais e vexetais, hábitats, especies clave.

4.- IMOS Á PEIXERÍA

Coñecemos os animais que atopamos na peixería? Sabemos onde se pescan e como? Viches algunha vez o DNI dos peixes? Como podemos ver a frescura do peixe?

 

Como consumidores moitas veces non temos toda a información que deberíamos e por eso ofrecemos un obradoiro no que tralasdamos a nosa peixería a calquera ubicación a fin de dar a coñecer todo o relativo á frescura dos produtos comerciais do mar que podemos atopar á venda e a informaicón que nos debería amosar a súa etiquetaxe.

 

Nesta peixería móbil veremos os diferentes produtos pesqueiros que podemos mercar,  faremos o seu carnet de identidade e coñeceremos máis do seu ciclo de vida e do lugar do que proceden.

 

Si o centro estivese interesado poderíase incluso facer unha disección e coñecer máis dun determinado produto (ver que lle quitan na peixería cando nos limpan o que mercamos, que partes non consumimos e porque, …).

 

O obxectivo principal é facilitar a compra de produtos do mar na peixería sendo coñecedores da frescura do que nos ofrecen e sabendo máis do que mercamos e consumimos.

 

Obxectivos secundarios:

  • Coñecer que información debe ofrecernos o etiquetado e cal é a súa importancia na nosa vida cotiá.
  • Fomentar unha compra máis responsable de cara á conservación das especies.
  • Potenciar a compra de produtos de calidade.
  • Divulgar a importancia do respeto das épocas de veda e tallas mínimas legais.

Palabras clave: familias de animais, pesca de baixura e altura, pesca artesanal, artes de pesca, acuicultura, marisqueo, tallas mínimas, especies comerciais, nome comercial e científico, etiquetas e certificados de frescura e calidade, disección, frescura do peixe, propiedades nutritivas dos produtos do mar.

5.- DO MAR Á LONXA

Como se pescan as diferentes especies? podemos capturar a cantidade de peixe que queiramos? podemos pescar calquer animal en calquer época do ano? que é unha lonxa? cómo funciona? cómo chega o peixe do mar a ela? hai os mesmos produtos pesqueiros en todas as lonxas?

 

A miúdo e cada vez máis acostumámonos a ver os produtos da pesca xa limpos ou directamente cociñados e por iso hai moitas destas preguntas que ou ben non nolas plantexamos ou ben non sabemos responder. Ser coñecedores das características dos produtos que consumimos e dos procesos que sofren ata chegar a estar dispoñibles para o consumo axudaranos non só a unha mellora na nosa calidade de vida senón tamén a velar pola conservación desas especies e do noso entorno.

 

O obxectivo principal é coñecer o camiño que percorren as especies comercias dende que son capturadas ata que chegan á lonxa para a súa venta desglosando todos os pasos e procesos que teñen lugar polo medio.

 

Obxectivos secundarios:

  • Ser conscientes das necesidades das especies que comemos ( vedas biolóxicas, ciclos de vida).
  • Aprender sobre os oficios do mar ( pescador/a, Mariscadora/o, Redeira/o, Bateeiro/a…).
  • Fomentar a aposta  por produtos de calidade.

Palabras clave: pesca de baixura, pesca de altura, artes de pesca, redes, marisqueo, acuicultura, lonxa, subasta, etiquetado, compradores, poxa á baixa, especies comerciais, zonación dos animais, tallas mínimas, vedas biolóxicas.

6.- INVESTIGANDO O CORPO HUMANO

Descrición da actividade: Como funciona a máquina máis perfecta que existe? É o noso corpo! E nel pasan centos de reaccións ao mesmo tempo. Hai que entender algunhas delas e deste xeito axudar ao noso organismo a que se manteña e funcione mellor.

 

Contidos específicos: Faremos varios experimentos co material que ofrece o noso corpo. Veremos de forma sinxela as bacterias da nosa boca que son fundamentais para a dixestión e a protección do noso organismo. Seremos quen de entender que é o ADN, onde se atopa e incluso extraelo do noso corpo! Tamén empregaremos o microscopio para ver diferentes partes de noso corpo que a simple vista sería imposible.

 

Obxectivo principal: Coñecer máis sobre o noso corpo.

 

Obxectivos secundarios:

  • Relacionar o funcionamento dos nosos órganos.
  • Entender mecanismos complexos que ocorren no noso corpo.
  • Familiarizarnos con diferentes técnicas empregadas para o coñecemento do noso organismo.

Palabras clave: corpo humano, pulmóns, corazón, sangue, pel, pelo, células, bacterias, ADN, xenética, microscopio, aire, osíxeno, CO2, dióxido de carbono, sentidos, etc.

7.- MATERIA E ENERXÍA

Descrición da actividade: Moitas veces xorden dúbidas acerca de cómo explicar de forma sinxela conceptos  complexos, como pode ser os estados da materia e enerxía, forzas existentes na vida cotiá, comportamentos da auga, aire e luz, máquinas simples, etc. Por isto, propoñemos unhas sesións manipulativase prácticas acerca destes fenómenos que moitas veces non entendemos simplemente coa teoría.

 

Faremos unha introducción moi breve sobre estes conceptos para pasar rápidamente á experimentación e comprobar con diferentes experiencias os estados da materia, os difererentes materiais coas suas características, relacionaremos con experimentos feitos polos participantes a auga, o aire e a luz, e tamén conceptos máis complexos como as forzas, as principais leis físicas.

 

O obxectivo xeral é entender dunha maneira práctica conceptos relacionados cos bloques de materia e enerxía e tecnoloxía de educacion primaria.

 

Obxectivos secundarios:

  • Entender fenómenos físicos da vida cotiá.
  • Incentivar a curiosidade por cousas  próximas do noso entorno.
  • Tomar conciencia ambiental.

Palabras clave: materia, enerxía, sol, auga, cambios de estado, ciclo da auga. aire, contaminación, uso responsable, recursos naturais, reciclaxe, reutilización, reducción, aforro enerxético, residuos, impacto ambiental, luz, forzas, leis físicas, inercia, gravedad, acción, reacción, forza centrípeta, aceleración centrífuga, osíxeno, nitróxeno, hidróxeno, cor, tecnoloxía, máquinas, ciencia.

8.- A CIENCIA NO MUNDO E A MULLER NA CIENCIA

Descrición da actividade: A historia da ciencia pódese contar a través dos relatos dos cientificos, gracias aos experimentos realizados ao longo da Historia.

 

Faremos una percorrido polos acontecementos históricos do noso planeta, realizando paradas en cada época, dende dinosaurios, Exipto, Roma ou Grecia, o renacemento, o coñecemento do universo, novas tecnoloxías… sempre cun enfoque práctico, que fomenta a participación e implica aos escolares ao tempo que aprenden. Deste xeito, non só desenvolven a súa paixón pola Ciencia senón que tamén se esperta a curiosidade polas cosas que lles rodean.

 

Descubriremos a gravidade e as cores tal como fixo Newton, meterémonos na cabeza de Galileo para saber cómo puxo a proba as ideas de Aristóteles e como a muller na ciencia foi olvidada a pesar do seu gran peso na ciencia, falaremos de galegas e galegos ilustres na ciencia, etc.

 

O obxectivo principal é achegar a ciencia á xuventude e provocar esa curiosidad científica que nos fai preguntarnos porqué ou cómo suceden as cousas.

 

Obxectivos secundarios:

  • Crear interese pola lectura e a historia.
  • Incentivar as ganas de coñecemento e a vocación científica.

Palabras clave: ciencia, experimentos, historia, grandes científicas, a muller na ciencia, física, química, bioloxía, astronomía, enxeñería, universo, terra, auga, aire, ceo.

9.- O MUNDO É QUÍMICA

Descrición da actividade: estamos rodeados por química, nós mesmos somos química. E moitas veces non entendemos a importancia desto. H20… que é? Ese gas que soa tanto últimamente chamado CO2… de onde ven? Intentaremos dar resposta a estas preguntas e a outras a través de reaccións químicas vistosas e experimentos curiosos que faremos en grupo.

 

Nesta sesión realizaremos unha serie de experimentos baseados en reaccións químicas nos que os participantes serán os responsables; terán que asumir o papel de científico no laboratorio e seguir o procedemento. Unha vez feito o experimento chega a hora da conversa entre todos vendo as diferencias entre os grupos e os resultados finais.
A actividade realizarase dunha maneira lúdica e manipulativa na que os protagonistas serán os participantes e levarán a cabo os experimentos coma se tratase de diferentes xogos, sempre co apoio dos monitores responsables da actividade.

 

O obxectivo xeral é aprender a traballar en equipo (coma un equipo de investigación nun laboratorio) e fomentar a colaboración entre eles.

 

Obxectivos secundarios:

  • Pensar nas cousas que estamos a facer.
  • Fomentar o espiritu crítico.
  • Aprender a traballar con orde e atención.

Palabras clave: química, reaccións, auga, dióxido de carbono, cromatografía, valoración química, ácido base, pH, oxidación- reducción, laboratorio, matraz, probeta, pipeta, tubos de ensaio, método científico, titulación química, etc.

10.- FÓSILES VIVOS, A HISTORIA DO PLANETA

Descrición da actividade: qué é un fósil? Existen aínda animais que viviron cos dinosaurios? E de existir… que nos poden dicir acerca da Historia do noso planeta? A través de animais aínda vivos no noso planeta, intentaremos darlle forma Á Historia do planeta Terra, como foi cambiando ata formar o mundo no que vivimos.

 

A primeira parte da sesión consistirá nunha introducción a este mundo antigo, coñecendo seres vivos prehistóricos e a súa importancia no mundo a través dunha colección biolóxica real. Na segunda parte, elaboraremos unha réplica dun fósil que poderemos levar a casa. Unha parte importante desta sesión e cando nos poñamos en situación dun arqueólogo/a ou paleontóloo/a, e faremos unha excavación en diferentes sedimentos para atopar diferentes tipos de fósiles.

 

O obxectivo xeral é coñecer un pouco máis sobre o mundo que nos rodea, e entender a evolución do noso planeta como organismo.

 

Obxectivos secundarios:

  • Mellorar as habillidades manuais.
  • Entender a nosa Historia na evolución do planeta
  • Concienciar sobre a importancia da conservación do entorno.

Palabras clave: fósiles, historia do planeta, animais máis antigos, primeiros habitantes, millóns de anos, evolución, adaptación, eras xeolóxicas, seres vivos prehistóricos, células, vexetais, animais, poríferos, vertebrados e invertebrados, cnidarios, agnatos, lamprea, nautilus…

11.- BIODIVERSIDADE E ECOSISTEMAS

Descrición da actividade: Os ecosistemas e biodiversidade son temas de interese na sociedade pero non entendemos as relacións que poden existir entre os nosos actos e os problemas que podemos causar ao medio ambiente. Por exemplo, gústanos disfrutar dunha praia sen algas, pero… sabemos a importancia que elas teñen dentro da rede trófica do ecosistema? Se construímos un paseo pegado á praia… que facemos coas dunas?

 

Compre entender o funcionamento que ten a propia natureza e que ela soa se pode autoxestionar. O problema aparece cando a man da especie humana quere cambiar algo. Utilizando casos prácticos, nos poñemos no lugar dos animais e entendemos as súas dificultades ó longo da vida.

 

O obxectivo principal é  crear unha conciencia ambiental na xuventude e na sociedade en xeral para ser parte fundamental na conservación da natureza.

 

Obxectivos secundarios:

  • Crear unha sociedade máis implicada na natureza e na conservación da mesma.
  • Ser conscientes dos nosos actos como especie que convive no planeta con outras especies.

Palabras clave: hábitat, biodiversidade, poblacións, abundancia, ecosistemas mariños e terrestres, redes tróficas, especies clave, cadena alimentaria, adaptacións, relacións de animais (simbiose, mutualismo, competencia, comensalismo, parasitismo, deprededación…)

Sesións de sensibilización medioambiental

Se estades a traballar nalgun tema en concreto e interésavos profundar máis nel, abordalo dunha maneira distinta ou descubrir curiosidades que non están nos libros de texto… achegámonos ao voso centro e ensinámosvos algo máis sobre iso!

Algúns exemplos de temáticas a abordar poden ser as que seguen máis abaixo pero podemos preparar o tema que se vos ocorra!

Temáticas sobre as que concienciar medioambientalmente falando?

  • Contaminación (mariña e terrestre).
  • Cambio Climático.
  • Conservación de especies de flora e fauna. A súa importancia.
  • Aforro de enerxía e auga.
  • Importancia da conservación das dunas.
  • E moitos máis!

Visitas Didácticas a Espazos Naturais

Seguramente abordastes algunha temática ou realizastes algún proxecto de centro e agora gustaríavos completar o traballo cunha visita na que poidades ver, tocar ou coñecer aquilo que previamente vistes no libro ou en internet.

Que estudastes os ecosistemas? pois poderiamos visitar unha zona próxima a un cantil ou unha zona de dunas.

Que indagastes sobre a diversidade biolóxica? tedes que ir a unha zona de intermareal na que atoparedes representantes de numerosos fíos animais!

Se nos comentades cal foi o voso tema de traballo ou cal podería ser o voso lugar a visitar…nós encargámonos de organizalo todo e visitar ese espazo convosco, contándovos curiosidades e detalles que posiblemente descoñezades.

Algúns exemplos de sitios que recomendamos:

Excursións

Tamén organizamos excursións sexan de fin de curso ou en calquera outro momento do curso escolar.

Segundo o que vos interese, podemos organizar e coordinar toda a xornada (desprazamento, comida, actividades, equipo de monitorado) ou só algún aspecto dela (só o equipo de monitores e as actividades, a xestión de reservas, información, etc.).

Xornadas Formativas ao Profesorado

Estas xornadas facémolas sempre centradas en temáticas vinculadas ao ámbito científico e co obxectivo de informar, facilitar recursos e achegar contidos básicos cos que abordar certas temáticas no ámbito escolar (abrigo en infantil e primaria).

Realizamos algunhas destas xornadas no marco de proxectos de divulgación científica como o RIANXO DIVULGA ou o ECOMAR  (promovidos pola Confraría de Rianxo e financiados polo Grupo de Acción Costeira nº5 Ría de Arousa e o Fondo Europeo da Pesca) ou o HORIZONTE 2030 (promovido pola Asociación Mexilloeira Rianxeira e financiado polo Grupo de Acción Costeira nº5 Ría de Arousa e o Fondo Europeo da Pesca).

Actividades de Conmemoración ou Celebración de ``Días de...``

Podedes elixir a actividade que máis vos guste ou aquela que se vos ocorra para celebrar connosco O DÍA DO MEDIO AMBIENTE (5 xuño), O DÍA DOS OCÉANOS (8 de xuño), O DÍA DA AUGA (22 de marzo),  …

Notas:

  • Todas as actividades que se describen pódense adaptar ao destinatario, duración e espazo que o centro educativo considere.
  • O persoal encargado da execución das actividades conta con titulación superior no ámbito das ciencias experimentais e con ampla experiencia acreditable na realización de actividades de educación ambiental e divulgación científica no ámbito escolar.
  • Para as visitas a espazos protexidos cumprirase a normativa vixente esixida pola entidade da que se trate.
  • Os prezos consultaranse directamente con Arenaria Coordinación, S.L.U.

Entidades de interese