24 Ago T.u.r.i.s.m.o. C.i.e.n.t.ï.f.i.c.o.
Deixámosvos algunhas imaxes das primeiras actividades do programa de turismo científico que estamos a desenvolver xunto cos compañeiros de CORTICATA EDUCACIÓN AMBIENTAL e INICIATIVAS TRADICIONAIS MARÍTIMAS.
Enlace a toda a información e inscricións: https://arenariacoordinacion.com/turismo-cientifico-destino-galicia/
Empregamos a carta náutica para situar a ría de Arousa, a zona pola que ibamos a facer a travesía, os puntos nos que haríamos parada e comenzar a explicar as condición oceanográficas que predominan esta zona.
Abarloamos a embarcación nunha batea e coceemos máis sobre o cultivo de gran filtrado
r, o Mytilus Galloprovincialis. Un molusco bivalvo considerado un magnífico bioindicador e que é protagonista dun sector moi importante na nosa comunidade.
O noso compañero David, falounos da súa bioloxía, do seu cultivo en batea, das mareas vermellas e toxinas e ata fixo unha disección abordo do Chasula coa que puidemos coñecer máis sobre este organismo! Sabiades que é quen de filtrar ata 6/7 litros de auga por hora? Sabiades cantes cordas pode ter unha batea?
Incluso empregamos o microscopio para ver mostrar recollidas durante esa disección.
O noso patrón Isidro cautivounos coa degustación que nos tiña preparada: produtos do mar para poñer fin a unha maravillosa mañá de navegación centrada no disfrute e na aprendizaxe; xornadas de turismo e divulgación científica a mans de verdadeiros profesionais e con grupos de participantes fantásticos!
MOITÍSIMAS GRACIAS POR TER PARTICIPADO e aos compañeiros de INTRAMAR, GRACIAS POLO VOSO TRABALLO… navegar no Chasula sempre é unha boa experiencia!
O programa de Turismo Científico, Destino Galicia! continúa e o pasado xoves día 13 saímos a navegar a fin de observar aves e mamíferos mariños.
Cun grupo de 12 participantes o Chasula partía do peirao de O Grove nunha marabillosa travesía por augas da ría de Arousa… entre bateas, cun día de sol estupendo e uns participantes con curiosidade e ganas de aprender e pasalo ben… xa vos podedes imaxinar que a xornada de actividade resultou do máis productiva.
Inicialmente facemos unha pequena introdución sobre a ría, as condición oceanográficas, algo de cultura sobre o sector pesquero…
Cando se comezan a avistar os primeiros exemplares, os participantes póñense mans á obra cos prismáticos e comeza o disfrute! Cormoráns, gaivotas, garzas, charráns, …
Hai tempo para consultar as guías e folletos divulgativos cos que contamos abordo.
Sorry, the comment form is closed at this time.