O proxecto de colaboración RELEVO 2020 é unha iniciativa de carácter formativo promovida polos cinco Grupos de Acción Local do
O proxecto de colaboración RELEVO 2020 é unha iniciativa de carácter formativo promovida polos cinco Grupos de Acción Local do
Sector Pesqueiro (GALP) que van de seguido: GALP A Mariña – Ortegal, GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Golfo Ártabro Sur, GALP Seo de
Fisterra Ría de Muros Noia Costa Sostible e GALP Ría de Arousa. Trátase dun proxecto que busca o relevo xeracional no sector pesqueiro
mediante a capacitación de mozos e mozas, a través da formación e mellor coñecemento dos recursos dos territorios.
– Facilitar espazos de posta en común, en relación ao sector pesqueiro, para mozas e mozos do territorio que teñen inquietudes e obxectivos comúns e moito que aportar nos eidos pesqueiro e social.
– Sensibilizar aos mozos e mozas na importancia que o sector pesqueiro ten no desenvolvemento territorial e a súa repercusión no patrimonio, desenvolvemento turístico e oferta gastronómica.
– Continuar apoiando a profesionalización do sector pesqueiro e fomentando a innovación para que se siga a manter como un motor da nosa economía a través da creación de emprego, apoio á empleabilidade e/ou da inclusión social.
– Poñer de manifesto a importancia de preservar os recursos e zonas costeiras e de loitar en contra do cambio climatico.
O proxecto levarase a cabo nos territorios dos GALP participantes que abranguen os seguintes concellos:
_GALP A MARIÑA – ORTEGAL: Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño.
_GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE: Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne, Pontedeume.
_GALP GOLFO ÁRTABRO SUR: A Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada.
_GALP SEO DE FISTERRA RÍA DE MUROS NOIA COSTA SOSTIBLE: Fisterra, Corcubión, Cee, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia, Porto do Son.
_GALP RÍA DE AROUSA: Boiro, Cambados, Catoira, O Grove, Illa de Arousa, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribadumia, Ribeira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa.
A QUEN VAI DIRIXIDO
Persoas interesadas que teñan 16 ou máis anos.
Non é preciso ter experiencia previa no sector pesqueiro nin estar en posesión de ningunha titulación relacionada con el.
O PROGRAMA FORMATIVO
– Levarase a cabo entre setembro de 2020 e abril de 2021, ambos meses incluídos. E desenvolveranse dúas edicións do mesmo: a primeira entre setembro e decembro de 2020 (CUATRIMESTRE 1) e a segunda, entre xaneiro e abril de 2021(CUATRIMESTRE 2). Son independentes entre sí, podes anotarte na que prefiras.
– Cada cuatrimestre contará coas actuacións que podes ler máis abaixo e realizarase en cada un dos territorios dos GALP participantes.
– Haberá 15 prazas en cada cuatrimestre (30 prazas en total para cada GALP).
– A aceptación do alumnado realizarse segundo estes dous criterios:
– O horario (de mañá ou de tarde) será acordado cos inscritos de cada territorio para favorecer a súa participación. O tempo que che restará este curso será, ao sumo, de dúas medias xornadas cada semana, é decir, un máximo de dúas mañás ou dúas tardes cada semana.
-A ubicación xeográfica (localidade) para a realización das actuacións presenciais dependerá tamén das persoas inscritas, tratando de favorecer o mínimo desprazamento.
_COÑECEMENTO DO SECTOR PESQUEIRO
Os participantes deberán coñecer o escenario no que van profundizar, que sexan conscientes da situación actual e coñezan as ferramentas que poderán empregar para participar del activamente e para intentar melloralo.
_DESEÑO DA CARREIRA PROFESIONAL
O equipo docente traballará de xeito individual con cada participante tratando de encaixar cada situación personal nas oportunidades que o sector pesqueiro ofrece.
_TECEMENTO DE REDES ASOCIATIVAS E PROFESIONAIS
A cooperación e colaboración serán vías constantes para o mantemento e posta en marcha de proxectos en calquera ámbito.
_EMPRENDEMENTO ACTIVO
Facilitaranse as ferramentas e os recursos precisos para que os participantes poidan considerar o emprendemento en relación ao sector pesqueiro como unha posibilidade de futuro laboral.
_RECOÑECEMENTO DE EXPERIENCIAS INNOVADORAS
Haberá constantes encontros e xornadas con outros xóvenes que xa deron o paso de emprender ou acadaron un posto de traballo no sector, directa ou indirectamente.
_ENCONTROS PROFESIONAIS.
Tamén haberá encontros con profesionais do sector que contarán a súa experiencia dende o seu posto e falarán dos perfís que se necesitan actualmente.
_ As actuacións que se poñerán en marcha para a execución do programa formativo e impartición dos contidos serán:
A) SEMINARIOS FORMATIVOS (2 por mes. Duración: media xornada)
B) TITORÍAS INDIVIDUALIZADAS (1 cada quince días)
C) SAÍDAS DE CAMPO (mínimo 2 en cada bloque de formación de 4 meses. Duración: 2-3 horas cada visita)
D) ENCONTROS CON MOZOS E MOZAS CON EXPERIENCIA (mínimo 2 en cada bloque de formación de 4 meses. Duración: 2-3 horas cada encontro)
E) VISITAS PARA COÑECEMENTOS DOS RECURSOS NOUTROS GALPs (2 en cada bloque de formación de 4 meses. Duración: xornada completa)
F) VISITA DE ESTUDO NACIONAL á Escola de Formación de Carpintería de Ribeira «Albaola» na Comunidade Autónoma Vasca. Podes acceder á súa información este enlace: Albaola web
Do grupo de alumnado de cada un dos cinco GALP promotores do proxecto, haberá dúas persoas seleccionadas (10 en total) que participarán esta visita de estudo, ao remate das edición formativas. A selección esas persoas realizarase en base a una criterios formativos e de participación que o alumnado coñecerá ao inicio das sesións.
DÍA E HORARIO DA SEGUNDA EDICIÓN en cada un dos territorios GALP:
Anda hai prazas libres en todos os grupos.
O EQUIPO DOCENTE
– Estará formado por profesionais do eido das Ciencias Experimentais e das Ciencias Sociais, con ampla experiencia na realización e coordinación de proxectos de divulgación científica centrada no medio mariño e o sector pesqueiro e en procesos de formación.
Podes seguir o proxecto e o seu día a día, incluso comunicarte con nos buscando «Relevo2020» nas redes sociais Facebook e Instagram.
Escríbenos a info@relevo2020.org para facer as túas consultas ou trasladar as túas dúbidas.
Preme aquí para obter:
1.- FORMULARIO DE INSCRICIÓN. Accede máis abaixo, cúbreo e envíao.
2.- AUTORIZACIÓN PARA A TÚA PARTICIPACIÓN se eres menor de idade. Preme aquí para descargarla: AUTORIZACIÓN_menores
Documentación e Publicacións para presentacións dos proxectos e viaxe final
Valoracións Exposicións Orais_22 xuño
Valoracións asistencia alumnado
Valoracións GALPS traballo escrito
Horario Exposicións Martes 22 de Xuño
PUBLICACION definitiva alumnado total RELEVO 2020
PUBLICACION FINAL RELEVO 2020 suma total