Servizos Sociais

Arenaria Coordinación é empresa prestadora de servizos sociais inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais con número E5432 desde o ano 2010.

 

A gran maioría das accións e iniciativas promovidas por Arenaria Coordinación teñen un marcado carácter social. Este feito débese á visión da importancia de desenvolver unha actividade corporativa que teña un efecto positivo na sociedade e o territorio.

 

No ámbito dos Servizos Sociais, Arenaria Coordinación desenvolve multitude de actividades relacionadas coa conciliación familiar, así como actividades dirixidas a colectivos de persoas con diversidade funcional e a colectivos de persoas maiores.

 

Algúns exemplos son os talleres de memoria, de risoterapia, excursións a medio natural, e actividades culturais e de divulgación científica adaptados aos colectivos mencionados.

A mente que se abre a unha nova idea xamais volverá ao seu tamaño orixinal. Albert Einstein