Turismo científico – Destino Galicia

PORQUÉ O TURISMO CIENTÍFICO

 

O turismo pretende posicionarse aínda máis como factor clave na evolución da economía da nosa comunidade e para eso, é preciso contar con todos os axentes implicados dende o sector público ao privado e dende as entidades máis grandes as máis pequenas todas temos algo que aportar.

 

Si consideramos a influencia que o turismo ten e todo o que aporta ao benestar social, tendo sempre en consideración os factores de sostibilidade económica, social e medio ambiental na comunidade e en concreto en cada unha das zonas nas que traballamos, o turismo aporta un valor engadido brutal a través do que sen dúbida nos podemos diferenciar e onde Galicia ten moito que dicir.

 

O destino Galicia está cheo dun patrimonio natural, cultural, etnográfico, gastronómico, etc polo que a miúdo e cada vez máis se nos visita e eso supón un crecemento económico non só para as entidades do sector senón para a comunidade que ve como nos posicionamos como referente e obxectivo de turistas, atraéndoos incluso cando chove e na chamada temporada baixa.

 

A nosa comunidade é destino familiar, de natureza, gastronómico, cultural, … temos recursos que aproveitamos e que aínda poderemos aproveitar máis e de maneiras diferentes e sobretodo recursos que nos permiten adaptarnos ás diferentes idades e aos diferentes colectivos: Galicia atrae a familias, a peregrinos, a turistas nacionais e internacionais, grupos de empresarios, de amigos, adolescentes, infantes, turismo sénior, persoas xubiladas, … Galicia ten moito que ofrecer.

 

Todas as persoas poden visitar e coñecer o mesmo destino e a todas lles podemos facer chegar os mesmos contidos pero a maneira na que o fagamos inflúe en que aprendan máis ou menos, se divirtan máis ou menos etc e iso afcetará a que aposten de novo ou non polo noso destino e a nosa oferta.

  • Somos conscientes de que existe interese en actuacións de turismo vinculadas ao eido científico porque nos adicamos a eso e porque cada vez son máis os grupos que se moven na procura de obter máis datos e información específica sobre un determinado destino ou recurso.
  • Tamén somos conscientes de que aprender e divertirse non son incompatibles e de que as actuacións vinculadas a contidos non teñen porque ser aburridas nin teóricas, a Ciencia é moi interesante!

 

Do que sí estamos convencidos é de que o turismo científico é un eido que non se coñece demasiado, no que non se está a afondar nin se está a promocionar e no que Galicia, como destino, ten moito que aportar.

 

Pensamos que o turismo científico pode constituir un novo nicho de mercado co que seguir posicionando a Galicia e, debido a que é ao que nos adicamos queremos seguir apostando por eso.

 

 Toda a información neste PDF

 

A PROPOSTA QUE FACEMOS

 

A proposta que facemos vai na liña de impulsar e promocionar o turismo científico e poñer de manifesto o seu interese e a súa importancia, para o posicionamento do destino Galicia, a través de accións centradas nos recursos naturais galegos e en concreto, nos espazos protexidos e outros recursos naturais da ría de Arousa.

 

Trátase dunha programación de actuacións definidas de carácter divulgativo coas que dar a coñecer diferentes destinos e recursos dende un punto de vista científico pero a través dunha metodoloxía dinámica e amena de forma que calquera persoa poida disfrutar e beneficiarse da mesma.

 

OBXECTIVO PRINCIPAL

 

Potenciar o turismo científico en Galicia como un nicho de mercado en auxe, a través de accións de divulgación centradas nos espazos protexidos e outros recursos naturais da ría de Arousa.

PROMOTORES

INICIATIVAS TRADICIONALES MARITIMAS

OFTECOR CB – CORTICATA TURISMO AMBIENTAL SL

ARENARIA COORDINACIÓN, S.L.U.

xunta
galicia

Feader: Europa invisite no rural

PROGRAMACIÓN: ACTIVIDADES PROPOSTAS

ACTIVIDADE LUGAR DE INTERESE
1 SNORKEL CIENTÍFICO ILLA DE AROUSA
2 INTERMAREAL ZONA LITORAL_PLAIA EN AGUIÑO
3 CORTEGADA AO MICROSCOPIO PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS_ARQUIPÉLAGO DE CORTEGADA
4 HABITANTES DAS NOSAS COSTAS LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN, PARQUE NATURAL DE CORRUBEDO
5 ANÁLISE AMBIENTAL: REDE NATURA SUBIDA POLO RÍO ULLA, TORRES DE CATOIRA
6 COS 5 SENTIDOS PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS_ARQUIPÉLAGO DE SÁLVORA
7 MYTILUS GALLOPROVINCIALIS, GRAN FILTRADOR ABORDO DO CHASULA
8 AVES E MAMÍFEROS MARIÑOS EN AROUSA ABORDO DO CHASULA

INFORMACIÓN SOBRE CADA ACTIVIDADE:

SNORKEL CIENTÍFICO
  • LUGAR: ILLA DE AROUSA, PRAIA.
  • DATA: 6 de setembro
  • HORARIO: de tarde, de 17.00h a 19.00h aproximadamente
  • Nº DE PRAZAS DISPOÑIBLES: 20
  • DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE: Faremos unha sesión de snorkel na que disfrutaremos coñecendo máis sobre os fondos mariños que nos rodena, a flora e a fauna da man de oceanógrafos que nos contarán curiosidades e responderán as preguntas e curiosidades que teñamos.
  • MATERIAL: Aportamos todo o preciso para o desenvolvemento.
  • Materiais especificos para o mergullo.
  • Equipo humano: monitores especificos, un en terra  e outro en auga.
  • Materiais para acercar a flora e fauna dun xeito sostible: cámaras acuáticas, pizarras e lapis para escribir debaixo da auga, microscopios de man.
  • Prestación de servizos por parte de monitor especializado: para a parte co dron submariño.
  • DESTINATARIOS: Todos os públicos (excepto menores de 6 anos e persoas que sufran ou teñan algunha doencia que lles impida a realización desta actividade).
  • ATENCIÓN: Na sesión contaremos cunha persoa profesional no eido dos Dions e poderemos observar e empregar un dron acuático, ademais de coñecer as aplicaciónns que supón no coñecemento do medio mariño e outros!!
  • PREZO:  25€/persoa
  • RECOMENDACIÓNS: Vir con roupa de baño e recambio.
INTERMAREAL
  • LUGAR: AGUIÑO, CONCELLO DE RIVEIRA.
  • DATA: 4 de setembro
  • HORARIO: de mañá, de 11.30h a 14.00h
  • Nº DE PRAZAS DISPOÑIBLES: 20
  • DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE: Da man de oceanógrafos, divulgadores profesionales, coñeceremos a zona “entre mareas” dunha plaia, na que poderemos atopar numerosos representantes das familias de organismos que viven en medio mariño. Coñeceremos máis sobre eles e identificarémolos. Viistaremos unha zona de intermareal areoso e rochoso.
  • MATERIAL: Aportamos todo o preciso para a actividade..
  • Materiais especificos para a actividade: microscopios e lupas de man, material de laboratorio (pinzas, placas Petri, …).
  • Equipo humano: monitores especificos, uno en terra  e outro en auga.
  • DESTINATARIOS: Todos os públicos (excepto menores de 6 anos e persoas que sufran ou teñan algunha doencia que lles impida a realización desta actividade).
  • PREZO:  15€/persoa
  • RECOMENDACIÓNS: Vir con calzado pechado e cómodo (opción de que se  molle por tanto traer recambio).
CORTEGADA AO MICROSCOPIO
  • LUGAR: IILA DE CORTEGADA (PUNTO DE ENCONTRO: PEIRAO DE CARRIL).
  • DATA: 31 de agosto
  • HORARIO: de tarde (a hora exacta especificarase ás persoas inscritas).
  • DURACIÓN: Entre 2 e 3 horas.
  • Nº DE PRAZAS DISPOÑIBLES: 25
  • DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE: O parque nacional marítimo terrestre das illas atlánticas de Galicia é un espazo protexido e o único con eta declaración medioambiental na nosa comunidade. Son moi frecuentes as viaxes ás illas, sobretodo a Cíes e a Ons e sobretodo na época estival pero as illas, todas elas, teñen unha serie de recursos naturais, culturais, etnográficos, … e ofrecen unha perspectiva diferente ao longo do ano que fai que a mesma actividade ou viista en diferente época sexa complementamente distinta.
    Cortegada ao microscopio pretende ser unha visita coa que coñecer aspectos miúdos do arquipélago de Cortegada; faremos unha visita polos roteiros existentes pero centraremos a nosa atención naquelo no que os nosos ollos non son quen de ver… organismos microscópicos, liques, fungos, entre outros, serán os protagonistas da xornada.
    É unha actividade ben interesante, destinada a todas as franxas de idade e coa que se coñece o espazo protexido a través de curiosidades e materiais científicos que fan que o visitante sexa partícipe activo da mesma.
    A visita habitual que o turista asocia cun espazo protexido vai na liña dunha ruta guiada que fai que o visitante pense que esa ruta sempre vai ser igual e os contidos os mesmos; con actividades plantexadas desta outra maneira, a visita ao mesmo espazo é sempre diferente e as curiosdades e datos aportados poden tamén variar porque se van actualizando, non son datos históricos estáticos.
  • MATERIAL: Aportamos  todo o preciso para a actividade.
  • Materiais especificos para a actividade: material de laboratorio (microscopios de man, lupas, bandexas, placas Petri, pinzas,…), guías de flora e fauna, claves de identificación, etc
  • Equipo de divulgadores para a sesión na illa e para a sesión de marisqueo.
  • Traslado en embarcación á illa. Imprescindible.
  • DESTINATARIOS: Todos os públicos (excepto persoas que non poidan camiñar ben. O percorrido é de dificultade baixa, en zona chan e por sombra).
  • PREZO:  15€/PERSOA
  • RECOMENDACIÓNS: Vir con calzado pechado e cómodo.
HABITANTES DAS NOSAS COSTAS
  • LUGAR: PARQUE NATURAL DE CORRUBEDO, CONCELLO DE RIVEIRA.
  • DATA: 21 de agosto.
  • HORARIO: de tarde (a hora exacta especificarase ás persoas inscritas).
  • DURACIÓN DA ACTIVIDADE: entre 2h e 2h 30min
  • Nº DE PRAZAS DISPOÑIBLES: 25
  • DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE: A través dunha colección biolóxica que conta con representantes de organismos mariños de case que todas as familias existentes nas nosas costas, os visitantes coñecen curiosidades e datos sobre eles dun xeito ameno e de diálogo; mediante a manipulación dos materiais e a súa observación os asistentes coñecen e adéntranse máis na nosa cultura gastronómica xa que entenderán, entre outros, porque existen as vedas das especies, porque os restaurantes non ofrecen todas as especies durante todo o ano, que son as mareas vemellas e porque existen, como coñecer a frescura dun produto, que é a trazabilidade.
    Pensamos que un espazo protexido como o Parque Natural de Corrubedo é unha zona idónea para desenvolver esta sesión porque ofrece espazos habilitados aos poucos requerimentos que se precisan e ademais é unha fiestra ao Océano Atlántico, quen alberga as especies das que imos falar.
    Préstase tamén a dar a coñecer o espazo no que nos atopamos, a súa normativa de cara a entender a importancia que supón a súa preservación.
  • MATERIAL: Aportamos  todo o preciso para a actividade.
  • Equipo de divulgadores.
  • Colección biolóxica. Imprescindible.
  • Guías de flora e fauna de espazos protexidos e naturais en Galicia.
  • DESTINATARIOS: Todos os públicos (excepto persoas que non poidan camiñar ben. O percorrido é de dificultade baixa, en zona chan ).
  • PREZO:  15€/PERSOA
  • RECOMENDACIÓNS: Vir con calzado pechado e cómodo.
ANÁLISE AMBIENTAL REDE NATURA
  • LUGAR: RÍO ULLA, ZONA DE TORRES D ECATOIRA (PUNTO DE ENCONTRO: PEIRAO DE CARRIL).
  • DATA: 19 de detembro
  • HORARIO: 11:30h a 13:30h aprox
  • DURACIÓN DA ACTIVIDADE: entre 1h 30min e 2h
  • Nº DE PRAZAS DISPOÑIBLES: 10
  • DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE: A zona de marisma do río Ulla ao seu paso por Catoira (ademais de por outros concellos) está incluida na rede Natura 2000, declaración de protección de carácter medioambiental.
    Aproveitando este recurso e a través dunha travesía dende o peirao de Carril (punto de encontro do grupo e saída da actividade) iremos coñecendo parte desta zona de rede Natura a través da divulgación científica; a cor da auga, a súa temperatura, a batea de control existente xusto na desembocadura do Ulla, que é a rede Natura, cal é a súa importancia, … estas e outras cuestións serán abordadas durante a travesía na que ademais queremos facer unha sesión máis práctica mediante a toma de mostras de auga para a súa análise en situ.
    Que os visitantes coñecezan como se analiza a auga e porque é importante, sobretodo nunha comunidade como a Galega na que o sector pesqueiro ten un peso tan importante.
    Cremos que a mistura entre a actividade turística e o mundo do mar a través da divulgación científica é un atraínte absoluto para os potenciais participantes.
  • MATERIAL: Aportamos  todo o preciso para a actividade.
  • Materiais específicos para a actividades: instrumentos de medición (temómetro, refractómetro, pHmetro, kits de análise de auga, …)
  • Equipo de divulgadores.
  • Traslado en embarcación dende o peirao de Carril ata a zona de marisma (ida e volta).
  • DESTINATARIOS: Todos os públicos .
  • PREZO:  20€/PERSOA
  • RECOMENDACIÓNS: Roupa e calzado cómodos.
COS 5 SENTIDOS
  • LUGAR: ILLA DE SÁLVORA (PUNTO DE ENCONTRO: especificarase ás persoas inscritas).
  • DATA: 21 de setembro
  • HORARIO: 11:30h 13:30h aprox
  • DURACIÓN DA ACTIVIDADE: ENTRE 1H 30MIN E 2H
  • Nº DE PRAZAS DISPOÑIBLES: 20
  • DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE: Trátase dunha actividade centrada na illa de Sálvora, parque nacional das Illas Atlánticas de Galicia, espazo protexido e recurso natural moi visitado. O que pretendemos é facer chegar ao visitante o máis significante da illa pero a través dos sentidos se xeito que se verá inmerso nunha actividade sensorial na que terá que tocar, ulir, escoitar e incluso saborear para poder achegarse aínda máis a todo o que lle contemos da illa.
    É unha actividade que permite transmitir e dar a coñecer todos os contidos e temáticas que os divulgadores queiran segundo os materiais que se empreguen para esa parte sensorial.
  • MATERIAL: Aportamos  todo o preciso para a actividade.
  • Equipo de divulgadores.
  • Traslado en embarcación e travesía pola ría. Imprescindible.
  • Materiais precisos: materiais funxibles elaborados para a sesión específica que se contempla (materiais sensoriais), guías de flora e fauna e folletos do parque nacional.
  • DESTINATARIOS: Todos os públicos .
  • PREZO:  20€/PERSOA
  • RECOMENDACIÓNS: Roupa e calzado cómodos.
MYTILUS GALLOPROVINCIALIS: GRAN FILTRADOR
  • LUGAR: CAMBADOS (Indicarase porto de saída ás persoas inscritas)
  • DATA: 23 e 29 de agosto.
  • HORARIO: de 11.00h a 14.00h
  • Nº DE PRAZAS DISPOÑIBLES: 12
  • DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE: Se existe un organismo mariño que sexa curioso e que sen dúbida teña un peso na nosa comunidade, ese é o mexillón. O sector pesqueiro galego é un sector que supón un enorme motor da nosa economía, de xeito directo e indirecto, e dentro del o sector bateeiro traballa cun organismo que é obxecto de numerosos estudos porque a súa bioloxía permítelle ser de gran importancia para nós: é un gran filtrador e eso convérteo nun marabilloso indicador natural.
    Abordo da embarcación Chasula e nunha travesía pola ría de Arousa coñeceremos as condicións oceanográficas que acompañan ás nosas rías durante o ano e nas que vive o mexillón. Falaremos do seu cultivo en bateas e da importancia que ten nel a ría de Arousa, no marco de Galicia.
    Acompañaremos a sesión cunha parte práctica consistente na disección in situ de mexilóns; explicaremos como facelo e os propios participantes irano facendo con nós. Coñeceremos máis de preto o corpo deste organismo para entender todo o demais.
    É unha actividade que permite transmitir e dar a coñecer todos os contidos e temáticas que os divulgadores queiran segundo os materiais que se empreguen para esa parte sensorial.
  • MATERIAL: Aportamos  todo o preciso para a actividade.
  • Equipo de divulgadores.
  • Traslado en embarcación. Imprescindible.
  • Materiais de laboratorio para a parte de disección e toma de mostras (microscopio de man, placas Petri, pinzas, bandexas, papel secante, …), claves de identificación, guías de flora e fauna, …
  • DESTINATARIOS: Todos os públicos.
  • PREZO:  30€/PERSOA

ATENCIÓN: Haberá unha pequena degustación abordo.

AVISTAMENTO DE AVES E MAMÍFEROS MARIÑOS
  • LUGAR: O GROVE (indicarase punto exacto ás persoas inscritas)
  • DATA: 13 DE SETEMBRO
  • HORARIO: DE TARDE, DE 16.30H A 19.30H
  • Nº DE PRAZAS DISPOÑIBLES: 12
  • DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE: Trátase dunha actividade de avistamento de aves mariñas, sobretodo aves que habitan nas zonas protexidas ou preto delas. A ría de Arousa conta con varias espazos naturais protexidos, rede Natura, parque natural e incluso dous dos catro arquipélagos do parque nacional. Nela, e sobretodo a través dunha tarvesía abordo do Chasula, resulta doado atoparnos con aves que amiúdo non vemos: cormorán moñudo, garza real, etc.
    Os amantes da ornitoloxía e sobretodo as persoas que disfrutan do mar aprendendo sobre él, sentiranse atraidas por unha actividade na que vivirán todo eso en primeira persoa.
  • MATERIAL: Aportamos  todo o preciso para a actividade.
  • Prestación de servizo por parte de monitor especializado.
  • Traslado en embarcación. Imprescindible.
  • Material inventariable: prismáticos, guías de fauna (aves mariñas en Galicia), claves de identificación, …
  • DESTINATARIOS: Todos os públicos .
  • PREZO:  30€/PERSOA

ATENCIÓN: Haberá unha pequena degustación abordo.

FORMA DE INSCRICIÓN

 

-> Cubrindo o formulario que aparece ao final desta información.

-> Podedes facer a inscrición para as datas que queirades (pódese ir a máis de unha actividade).

A inscrición é por rigorosa orde de chegada do formulario que está no enlace anterior (deben constar os datos cubertos e o pago realizado).

 

FORMA DE PAGO

 

Ingreso ou transferencia ao nº de conta que se indica de seguido:

-> ES83 2080 0308 4530 4001 5292 (Entidade: ABANCA)

Titular: Arenaria Coordinación, S.L.U.

  • O pago debe estar feito alo menos 4 días antes da realización da actividades.
  • As cancelacións deben comunicarse vía email a: info@arenariacoordinacion.com
  • Aquelas cancelacións  que non se fagan alo menos con 3 días de antelación con respecto á data da actividade non recuperarán o abono realizado.

 

LÍMITE DE PRAZAS

 

Todas as actividades contan con límite de prazas que ven marcado polo aforo das embarcacións que se empregarán e polos espazos que se van visitar (Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e Lagoas de Carregal e Vixán – Parque Natural  de Corrubedo).

Cando te inscribes, recibes unha mensaxe que xa che indica se estás na actividade ou se formas parte da lista de agarda.

 

INSCRIPCIÓN DE MENORES

 

Todos os menores deberán ir acompañados dun adulto en todas as actividades.

Formulario de inscripción