XORNADAS MICOLÓXICAS NA POBRA DO CARAMIÑAL

XORNADAS MICOLÓXICAS NA POBRA DO CARAMIÑAL

Un ano máis o concello de A Pobra do Caramiñal organiza as súas xornadas micolóxicas, cun programa repleto de actividades divulgativas, formativas e de carácter lúdico, destinado a diferentes grupos de idade, co que pretende achegar o mundo da micoloxía aos seus veciños e veciñas.

Agradecemos que contasen con nós esta ocasión e estaremos con eles nunha sesión o vindeiro día 16 de novembro na que vos falaremos dos métodos de conservación dos fungos e de como podemos mantelos e cultivalos de xeito doméstico.

Deixámosvos o folleto coa información xeral das xornadas no que vos indica como debedes facer para participar.

Para calquera dúbida, podedes contactar directamente co concello a través da súa área de medio ambiente.

 

 

LEMBRADE: Nas vosas saídas en busca de cogumelos, si dubidades da especie ou non estados seguros… non arrisquedes! Hai numerosos profesionais que vos poden axudar e cantidade de actividades e programas de micoloxía cos que aprender e vos divertir pero non poñades en risco a vos vida!

Sin comentarios

Los comentarios para esta noticia están desactivados.