![](https://arenariacoordinacion.com/wp-content/uploads/2019/11/portada.jpg)
04 Nov XORNADAS MICOLÓXICAS NA POBRA DO CARAMIÑAL
Un ano máis o concello de A Pobra do Caramiñal organiza as súas xornadas micolóxicas, cun programa repleto de actividades divulgativas, formativas e de carácter lúdico, destinado a diferentes grupos de idade, co que pretende achegar o mundo da micoloxía aos seus veciños e veciñas.
Agradecemos que contasen con nós esta ocasión e estaremos con eles nunha sesión o vindeiro día 16 de novembro na que vos falaremos dos métodos de conservación dos fungos e de como podemos mantelos e cultivalos de xeito doméstico.
Deixámosvos o folleto coa información xeral das xornadas no que vos indica como debedes facer para participar.
Para calquera dúbida, podedes contactar directamente co concello a través da súa área de medio ambiente.
LEMBRADE: Nas vosas saídas en busca de cogumelos, si dubidades da especie ou non estados seguros… non arrisquedes! Hai numerosos profesionais que vos poden axudar e cantidade de actividades e programas de formación e divulgación nos que informarvos.
Deixámosvos algunhas fotos da xornada:
![](https://arenariacoordinacion.com/wp-content/uploads/2019/11/IMG_8385-300x225.jpg)
Observamos ao microscopio o corte de varias das especies empregadas na xornada
![](https://arenariacoordinacion.com/wp-content/uploads/2019/11/IMG_8389-225x300.jpg)
Algún dos participantes animáronse a cociñar
![](https://arenariacoordinacion.com/wp-content/uploads/2019/11/B30A9416-9D95-4688-A68C-9BC8A6F2DFE2-300x226.jpg)
Escabeche en frío con varias setas das que se embregaron na sesión de conservación
![](https://arenariacoordinacion.com/wp-content/uploads/2019/11/IMG_8395-300x225.jpg)
Escabeche en quente
Qué métodos de conservación de setas coñecedes vós??
Sorry, the comment form is closed at this time.