ASCIDIA: COA MENTE NO MAR

ASCIDIA: COA MENTE NO MAR

 

Estamos de noraboa e é que a Asociación SAÚDE MENTAL FERROL EUME ORTEGAL: ASOC. DE FAMILIARES E PERSOAS CON ENFERMIDADE MENTAL ven de saber da aprobación dun proxecto presentado á convocatoria dos GALP no mes de febreiro e contan con nós como asistencia técnica! Bravo!

Un deses proxectos que nos gustan polos contidos a abordar e sobre todo polo seu promotor, unha entidade de carácter social con ganas de facer cousas, de aprender e de relacionarse cun sector, o pesqueiro que, a priori nada ten que ver co seu pero co que, sen dúbida, están relacionados e co que van compartir, divertirse e aprender. Grazas por implicarnos nesta nova aventura!

 

O proxecto ASCIDIA: COA MENTE NO MAR comeza a súa andadura!

 

 

 

OBXECTIVO PRINCIPAL

Sensibilizar á cidadanía de cara á preservación do patrimonio medioambiental costeiro, do medio mariño e dos seus recursos e de cara ao benestar das comunidades costeiras.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

1- Poñer en valor o consumo de produtos da pesca e de proximidade e outros recursos mariños como as algas, como alimentos saudables.

2- Colaborar co sector pesqueiro, comprando o seu produto, facéndoo partícipe de todas as actuacións propostas e contando coas súas mulleres traballadoras para que sexan quen dirixa algunha das sesións divulgativas.

3- Potenciar vínculos entre diferentes sectores sociais do mesmo territorio en prol da mellora ambiental.

4- Concienciar de cara á adquisición de hábitos sociais en prol do coidado do medio e dos recursos pesqueiros.

5- Dinamizar determinados espazos naturais do territorio  e do litoral a través de visitas nas que amosar medidas coas que camiñar cara a un turismo sostible

6- Facer fincapé no impacto de prácticas ilegais como o furtivismo.

 

O proxecto conta con dous eixes estratéxicos centrados en #formación e #divulgación e /ou #sensibilización centrados en patrimonio natural e produtos pesqueiros do territorio do GALP Golfo Átabro Norte (fai click na súa bitácora).

 

 

#FORMACIÓN. ACTIVIDADE 1: Obradoiros de Cociña e Aprendizaxe sobre o produto pesqueiro do terrritorio co que se traballe en cada obradoiro.

 

 

#FORMACIÓN: ACTIVIDADE 2: Exposición fotográfica itinerante que versará sobre patrimonio natural.

 

 

#DIVULGACIÓN e #SENSIBILIZACIÓN. ACTIVIDADE 3: Xornadas sobre patrimonio natural e marítimo pesqueiro.

 

 

#DIVULGACIÓN e #SENSIBILIZACIÓN. ACTIVIDADE 4: Visitas a espazos naturais do territorio.

 

 

DURACIÓN DO PROXECTO

Prolongarase dende agosto de 2024 a outubro de 2025 e desenvolverase no territorio do GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE, en espazos ao aire libre e noutros espazos cubertos axeitados ás actuacións previstas.

EXECUCIÓN

A continuación, deixámosvos algunhas imaxes das actividades levadas a cabo neste ano!

Comezamos coas sesións de #FORMACIÓN sobre o Patrimonio Natural  do territorio GALP Golfo Ártabro Norte. As sesións de formación son dinámicas e con elas tratamos de aprender sobre o entorno natural e as súas figuras de protección.

                     

 

 

 

 

 

 

Tamén levamos a cabo sesións de #DIVULGACIÓN e #SENSIBILIZACIÓN:  visitas a espacios naturais. A idea destas visitas, ademais de coñecer o entorno natural do territorio, é a de sacar fotografías de natureza para despois facer unha exposición. Nesta ocasión, visitamos a zona da Praia da Magdalena, en Cabanas, e a Fraga de Xarío en Miño. E ti… coñeces estes espazos?

 

 

 

Algunhas imaxes da visita á Praia da Magdalena

 

 

 

 

Tamén estivemos de visita na Fraga de Xarío, no concello de Miño

Unha das actividades que están a enganchar aos usuarios son os Obradoiros de Cociña e Aprendizaxe sobre o produto pesqueiro do terrritorio. Están actuacións están enmarcadas na #FORMACIÓN. Están a aprender sobre a bioloxía dos produtos pesqueiros do territorio, e diferentes formas de cociñalos e sacar o máximo sabor deles!

 

 

 

 

 

 

 

E por último, leváronse a cabo actividades de #DIVULGACIÓN e #SENSIBILIZACIÓN, en colaboración coa Asociación de veciños os Piñeiros, e tamén participaron outras asociacións como ASPANEPS e ASCM.

Seguiremos informando das próximas actividades!!

 

PROXECTO FINANCIADO POLO Programa FEMPA para españa, na convocatoria 2024.

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.