07 Ago ASCIDIA: COA MENTE NO MAR
Estamos de noraboa e é que a Asociación SAÚDE MENTAL FERROL EUME ORTEGAL: ASOC. DE FAMILIARES E PERSOAS CON ENFERMIDADE MENTAL ven de saber da aprobación dun proxecto presentado á convocatoria dos GALP no mes de febreiro e contan con nós como asistencia técnica! Bravo!
Un deses proxectos que nos gustan polos contidos a abordar e sobre todo polo seu promotor, unha entidade de carácter social con ganas de facer cousas, de aprender e de relacionarse cun sector, o pesqueiro que, a priori nada ten que ver co seu pero co que, sen dúbida, están relacionados e co que van compartir, divertirse e aprender. Grazas por implicarnos nesta nova aventura!
O proxecto ASCIDIA: COA MENTE NO MAR comeza a súa andadura!
OBXECTIVO PRINCIPAL
Sensibilizar á cidadanía de cara á preservación do patrimonio medioambiental costeiro, do medio mariño e dos seus recursos e de cara ao benestar das comunidades costeiras.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
1- Poñer en valor o consumo de produtos da pesca e de proximidade e outros recursos mariños como as algas, como alimentos saudables.
2- Colaborar co sector pesqueiro, comprando o seu produto, facéndoo partícipe de todas as actuacións propostas e contando coas súas mulleres traballadoras para que sexan quen dirixa algunha das sesións divulgativas.
3- Potenciar vínculos entre diferentes sectores sociais do mesmo territorio en prol da mellora ambiental.
4- Concienciar de cara á adquisición de hábitos sociais en prol do coidado do medio e dos recursos pesqueiros.
5- Dinamizar determinados espazos naturais do territorio e do litoral a través de visitas nas que amosar medidas coas que camiñar cara a un turismo sostible
6- Facer fincapé no impacto de prácticas ilegais como o furtivismo.
O proxecto conta con dous eixes estratéxicos centrados en #formación e #divulgación e /ou #sensibilización centrados en patrimonio natural e produtos pesqueiros do territorio do GALP Golfo Átabro Norte (fai click na súa bitácora).
#FORMACIÓN. ACTIVIDADE 1: Obradoiros de Cociña e Aprendizaxe sobre o produto pesqueiro do terrritorio co que se traballe en cada obradoiro.
#FORMACIÓN: ACTIVIDADE 2: Exposición fotográfica itinerante que versará sobre patrimonio natural.
#DIVULGACIÓN e #SENSIBILIZACIÓN. ACTIVIDADE 3: Xornadas sobre patrimonio natural e marítimo pesqueiro.
#DIVULGACIÓN e #SENSIBILIZACIÓN. ACTIVIDADE 4: Visitas a espazos naturais do territorio.
DURACIÓN DO PROXECTO
Prolongarase dende agosto de 2024 a outubro de 2025 e desenvolverase no territorio do GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE, en espazos ao aire libre e noutros espazos cubertos axeitados ás actuacións previstas.
PROXECTO FINANCIADO POLO Programa FEMPA para españa, na convocatoria 2024.
Sorry, the comment form is closed at this time.