XORNADAS MICOLÓXICAS NA POBRA DO CARAMIÑAL

XORNADAS MICOLÓXICAS NA POBRA DO CARAMIÑAL

Un ano máis o concello de A Pobra do Caramiñal organiza as súas xornadas micolóxicas, cun programa repleto de actividades divulgativas, formativas e de carácter lúdico, destinado a diferentes grupos de idade, co que pretende achegar o mundo da micoloxía aos seus veciños e veciñas.

Agradecemos que contasen con nós esta ocasión e estaremos con eles nunha sesión o vindeiro día 16 de novembro na que vos falaremos dos métodos de conservación dos fungos e de como podemos mantelos e cultivalos de xeito doméstico.

Deixámosvos o folleto coa información xeral das xornadas no que vos indica como debedes facer para participar.

Para calquera dúbida, podedes contactar directamente co concello a través da súa área de medio ambiente.

 

 

LEMBRADE: Nas vosas saídas en busca de cogumelos, si dubidades da especie ou non estados seguros… non arrisquedes! Hai numerosos profesionais que vos poden axudar e cantidade de actividades e programas de formación e divulgación nos que informarvos.

Deixámosvos algunhas fotos da xornada:

Observamos ao microscopio o corte de varias das especies empregadas na xornada

Algún dos participantes animáronse a cociñar

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Escabeche en frío con varias setas das que se embregaron na sesión de conservación

Escabeche en quente

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

         

Qué métodos de conservación de setas coñecedes vós??

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.