Ola arenari@s! Este é o espazo da web no que vos deixaremos a oferta de actividades que vaiamos deseñando para este verán. Os que xa nos coñecedes sabedes que nos gusta aprender divertíndonos, así que se trata dun programa de carácter lúdico e con pinceladas educativas, centrado en temas de educación ambiental e divulgación científica. Visitaremos diferentes espazos nos que compartiremos distintas actividades! Hai opcións para todos os públicos; apetécenos desfrutar con adolescentes, con grupos familiares e con grupos de amigos.
Se buscas vivir unha experiencia única gozando do mar e a natureza cos teus, este é o teu programa. Contáctanos! #ArenariaMola
NOTAS SOBRE AS ACTIVIDADES OFERTADAS
1.- Seguiranse sempre as recomendacións e medidas vixentes en materia da COVID-19 establecidas polas autoridades. En relación a isto, todos os grupos serán pouco numerosos e os materiais, en caso de empregalos, asignaranse de xeito individual, por familias ou convivintes ou ben se desinfectarán en caso de ter que compartir algún.
2.- No caso de aquelas actividades que deban ser canceladas ou aprazadas por motivos propios da organización, devolverase o importe íntegro pagado previamente. Se é o participante quen avisa de que non asistirá, unha vez reservada a praza e feito o pagamento, só devolverase o diñeiro se se avisa cun mínimo de 7 días antes da data da actividade en cuestión.
3.- Para todas as actividades debemos saber con 7 días de antelación se hai grupo mínimo ou non para a súa realización. Non obstante, o prazo estará aberto ata 2 días antes da data da actividade para que se poida cubrir o nº máximo de prazas.
4.- SOBRE A FORMA DE PAGO: as persoas que decidan pagar mediante transferencia bancaria deberán facer o pagamento da inscrición nun prazo máximo de 48h desde que cobren o formulario de inscrición. De non ser así, e aínda que se enviara o formulario de inscrición, a praza quedará a disposición doutra persoa.
5.- Agás en las actividades de #TeenSummer nas que os adolescentes viaxan sós, acompañados do noso equipo de monitorado, todos os menores deben asistir ás actividades acompañados dun adulto.
6.- Unha plaza entenderase como reservada cando estea enviado o formulario de inscrición e feito o pagamento da mesma.
Para calquera dúbida ou consulta, podedes poñeros en contacto a través do noso email info@arenariacoordinacion.com ou ben do noso móbil 633 33 54 63.