#REDEIRAS. Atando Aparellos.

#REDEIRAS. Atando Aparellos.

 

Nome do proxecto: IMPLICACIÓN ACTIVA DO SECTOR PESQUEIRO NO DESENVOLVEMENTO DA ZONA COSTEIRA. PROXECTO REDEIRAS.

 

Esta  iniciativa foi promovida pola Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados, o Concello de Cambados e a Asociación Mulleres Salgadas co obxectivo de cubrir unha necesidade do sector pesqueiro (poder contar con persoal formado no territorio para amañar os seus aparellos imprescindibles na súa labor diaria) para poder manterse (xa que non hai máquinas que solucionen ese problema).

Como OBXECTIVOS ESPECÍFICOS poderiamos mencionar:

  • Formar a persoas na reparación de redes e aparellos de pesca a fin de poder dar solución á cantidade de traballlo que o sector pesqueiro local ten neste eido.
  • Visibilizar un oficio do mar que ata o de agora non ten sustituto (non existe máquina que faga esa labor) e ás mulleres do mar que dende sempre foron quen  realizou.
  • Dar unha oportunidade de formación con saída real de emprego a persoas do territorio.

 

O proxecto contou con 4 ACTUACIÓNS principais que se desenvolveron ao longo de 2 anualidades ( en 2021 e 2022):

  1. .- ACTO INAUGURAL DO PROXECTO E PRESENTACIÓN DOS  CURSOS,
  2. – PARTE DE FORMACIÓN: REALIZACION DOS CURSOS,
  3. – ACTO FINAL DE CLAUSURA E VALORACIÓN Á PRENSA,
  4. DESEÑO E ELABORACIÓN DE MATERIAS GRÁFICOS PARA PROMOCIÓN DO PROXECTO.

 

Deseñáronse un roll up e cartel como imaxe do proxecto e para a difusión e promoción do mesmo.

 

 

FOTOS DO ACTO DE CLAUSURA, no salón de actos da Confraría de Pescadores de Cambados.

 

 

 

 

 

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.