O proxecto está promovido por seis GRUPOS DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO que hai en Galicia e por iso adquire un carácter autonómico. Os municipios que pertencen a eses territorios e por tanto se verán destinatarios e involucrados no proxecto son os que van de seguido:
GALP RÍA DE AROUSA
Boiro, Cambados, Catoira, O Grove, Illa de Arousa, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribadumia, Ribeira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa.
GALP MARIÑA ORTEGAL
Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño.
GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE
Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne, Pontedeume.
GALP GOLFO ÁRTABRO SUR
A Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada.
GALP RÍA DE PONTEVEDRA
Sanxenxo, Meaño, Poio, Pontevedra, Marín e Bueu.
GALP RÍA DE VIGO – A GUARDA
Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda.
O que este proxecto pretende é trasladar ao alumnado dos centros de ensino, de xeito ameno, dinámico e práctico, as posibilidades que ofrece o sector pesqueiro para que mozos e mozas sexan coñecedores do que deben facer/estudar para entrar a formar parte do sector e constituír o verdadeiro relevo xeracional.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
A centros educativos de educación secundaria obrigatoria (concretamente a alumnado de 4º de E.S.O. ) que estean nalgún dos concellos que conforman os territorios dos GALP promotores.
O proxecto conta cun equipo de docentes, profesionais do eido da oceanografía e con ampla experiencia na realización de actividades e proxectos de formación e divulgación científica sobre o medio mariño e o sector pesqueiro, destinados a centros educativos.
Ademais, debido ás actuacións contempladas no proxecto (sesións nos centros de ensino, visitas, etc) contarase na súa execución con profesionais do sector pesqueiro e con entidades de relevancia dentro do sector pesqueiro e no sector da formación que aportarán a súa experiencia e profesionalidade ao proxecto e en beneficio do alumnado participante.
O proxecto RELEVO 2_Mocidade Abordo trata de achegar o sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola ao alumnado de 4º de E.S.O. a fin de que coñezan as saídas profesionais e todo o que este sector lle orfece na nosa comunidade.
Trátase dun programa a realizar nos diferentes IES interesados que se inscriban no que se poñerá en valor e se darán a coñecer os recursos do sector a disposición dos mozos e mozas para que poidan formarse e telos coma unha opción de futuro.
O programa divídese en tres bloques principais de contidos que conforman o programa do proxecto:
a) PESCA E ACUICULTURA
b) TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN
c) TURISMO E DEPORTES NÁUTICOS
Dentro de cada un destes bloques haberá unha serie de contidos que se abordarán de xeito ameno e dinámico nas aulas, ben a través de sesión de formación e divulgación ou ben mediante a visita de diferentes persoas profesionais do sector.
O programa poderase descargar facendo click aquí:PROGRAMA DE CONTIDOS
A FORMACIÓN NOS CENTROS DE ENSINO
Constará de:
1.- SESIÓNS NO PROPIO CENTRO
Seguen os contidos do programa e están impartidas polo equipo docente encargado.
2.- VISITAS PROFESIONAIS
Ademais das sesións co equipo docente o alumnado recibirá no centro a visita de persoas profesionais do sector pesqueiro ou de entidades vinculadas a él que lle contarán a súa experiencia e os achegarán ao mundo laboral, ofrecendo a informaicón precisa sobre as saídas profesioanis existentes na nosa comunidade en relación á pesca, marisqueo e acuicultura e a outros sectores relacionados estreitamente, nos que a demanda de profesionais é unha realidade.
3.- EMBARQUES
Como colofón á participación no proxecto e para complementar a formación e información recibida, o alumnado que así o desexe terá a posibilidade (explicarase nas bases do proxecto, na información que se envié vía email e se facililte vía telefónica e tamén nas visitas presenciais aos centros na fase de captación e promoción previa ao comezo) de optar a unha praza de embarque, nun buque de pesca real para coñecer e vivir a experiencia en primeira persoa do traballo do mar en #Galicia.
NOTA: As prazas de embarques dispoñibles serán as mesmas en todos os territorios dos GALP promotores do RELEVO2.
NOTAS:
A través deste FORMULARIO DE INSCRICIÓN
ORDE DE PRIORIDADE PARA A PARTICIPACIÓN
-Establécese un mínimo de 5 centros de ensino e un máximo de 15 en cada un dos territorios GALP participantes.
-A participación será por estricta orde de chegada do formulario de inscrición dando sempre prioridade a que participen centros de diferentes localidades (por exemplo: si por orde d einscrición están de un un centro da localidade A, outro centro da localidade A e un centro da localidade B, este último tería prioridade fronte ao segundo da localidade A).
Para calquera dúbida ou consulta podedes poñervos en contacto a través de:
+ info@relevo2.org ou
+ na oficina ou teléfono de contacto do GALP do teu territorio:
_GALP A MARIÑA ORTEGAL: 982 56 33 55 / 604 03 47 48
_GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE: 981 78 44 17
_GALP GOLFO ÁRTABRO SUR: 881 89 64 17
_GALP RÍA DE AROUSA: 986 51 09 53
_GALP RÍA DE PONTEVEDRA: 886 21 30 15
_GALP RÍA DE VIGO – A GUARDA: 646 87 31 06 / 986 35 81 09
Podes descargar o cartel do proxecto premendo aquí: Cartel Relevo2_PDF
¡ SEGUE AS NOVAS EN MEDIOS DE COMUNICACIÓN !
Industrias Pesqueras
https://industriaspesqueras.com/noticia-67425-seccion-Sector%20Pesquero
Diario de Arousa
La Voz de Galicia (Edición Ferrol)
OS GALP DIVULGARÁN O SECTOR PESQUEIRO ENTRE ESTUDANTES EN BUSCA DO RELEVO XERACIONAL
Galicia Ártabra
«Relevo2» iniciativa de carácter formativo de los GALP gallegos para el relevo generacional