RELEVO2

ACHEGAMENTO DO SECTOR PESQUEIRO, MARISQUEIRO E ACUÍCOLA AOS CENTROS DE ENSINO PARA O RELEVO XERACIONAL

QUEN PROMOVE O PROXECTO DE COLABORACIÓN RELEVO2?

O proxecto está promovido por seis GRUPOS DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO que hai en Galicia e por iso adquire un carácter autonómico. Os municipios que pertencen a eses territorios e por tanto se verán destinatarios e involucrados no proxecto son os que van de seguido:

GALP RÍA DE AROUSA

Boiro, Cambados, Catoira, O Grove, Illa de Arousa, A Pobra do Caramiñal, Rianxo,  Ribadumia, Ribeira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa.

GALP MARIÑA ORTEGAL

Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño.

GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE

Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Paderne, Pontedeume.

GALP GOLFO ÁRTABRO SUR

A Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada.

GALP RÍA DE PONTEVEDRA

Sanxenxo, Meaño, Poio, Pontevedra, Marín e Bueu.

GALP RÍA DE VIGO – A GUARDA

Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda.

CALES SON OS SEUS OBXECTIVOS?

O que este proxecto pretende é trasladar ao alumnado dos centros de ensino, de xeito ameno, dinámico e práctico, as posibilidades que ofrece o sector pesqueiro para que mozos e mozas sexan coñecedores do que deben facer/estudar para entrar a formar parte do sector e constituír o verdadeiro relevo xeracional.

 

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

  • Poñer en valor o sector pesqueiro entre a comunidade escolar en idade de traballar e/ou de escoller estudos superiores.
  • Valorizar o sector pesqueiro en termos económicos, dando a coñecer a demanda real existente para diferentes postos de traballo no mar e dando a coñecer as saídas profesionais existentes no mesmo.
  • Ofrecer unha formación máis cuantitativa, que pretende achegar a realidade do sector pesqueiro en termos de oportunidades laborais, a fin de captar persoas que conformen ese relevo xeracional.

 

A QUEN VAI DIRIXIDO ?

A centros educativos de educación secundaria obrigatoria (concretamente a alumnado de 4º de E.S.O. ) que estean nalgún dos concellos que conforman os territorios dos GALP promotores.

EQUIPO DOCENTE E PROFESIONAIS COLABORADORES

O proxecto conta cun equipo de docentes, profesionais do eido da oceanografía e con ampla experiencia na realización de actividades e proxectos de formación e divulgación científica sobre o medio mariño e o sector pesqueiro, destinados a centros educativos.

Ademais, debido ás actuacións contempladas no proxecto (sesións nos centros de ensino, visitas, etc) contarase na súa execución con profesionais do sector pesqueiro e con entidades de relevancia dentro do sector pesqueiro e no sector da formación que aportarán a súa experiencia e profesionalidade ao proxecto e en beneficio do alumnado participante.

EN QUE CONSISTE? AS ACTUACIÓNS DO PROXECTO

O proxecto RELEVO 2_Mocidade Abordo trata de achegar o sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola ao alumnado de 4º de E.S.O. a fin de que coñezan as saídas profesionais e todo o que este sector lle orfece na nosa comunidade.

Trátase dun programa a realizar nos diferentes IES interesados que se inscriban no que se poñerá en valor e se darán a coñecer os recursos do sector a disposición dos mozos e mozas para que poidan formarse e telos coma unha opción de futuro.

 

O programa divídese en tres bloques principais de contidos que conforman o programa do proxecto:

 a) PESCA E ACUICULTURA

b) TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN

c) TURISMO E DEPORTES NÁUTICOS

Dentro de cada un destes bloques haberá unha serie de contidos que se abordarán de xeito ameno e dinámico nas aulas, ben a través de sesión de formación e divulgación ou ben mediante a visita de diferentes persoas profesionais do sector.

 

O programa poderase descargar facendo click aquí: PROGRAMA DE CONTIDOS

 

A FORMACIÓN NOS CENTROS DE ENSINO

Constará de:

1.- SESIÓNS NO PROPIO CENTRO

Seguen os contidos do programa e están impartidas polo equipo docente encargado.

2.- VISITAS PROFESIONAIS

Ademais das sesións co equipo docente o alumnado recibirá no centro a visita de persoas profesionais do sector pesqueiro ou de entidades vinculadas a él que lle contarán a súa experiencia e os achegarán ao mundo laboral, ofrecendo a informaicón precisa sobre as saídas profesioanis existentes na nosa comunidade en relación á pesca, marisqueo e acuicultura e a outros sectores relacionados estreitamente, nos que a demanda de profesionais é unha realidade.

3.- EMBARQUES

Como colofón á participación no proxecto e para complementar a formación e información recibida, o alumnado que así o desexe terá a posibilidade (explicarase nas bases do proxecto, na información que se envié vía email e se facililte vía telefónica e tamén nas visitas presenciais aos centros na fase de captación e promoción previa ao comezo) de optar a unha praza de embarque, nun buque de pesca real para coñecer e vivir a experiencia en primeira persoa do traballo do mar en #Galicia.

NOTA: As prazas de embarques dispoñibles serán as mesmas en todos os territorios dos GALP promotores do RELEVO2.

CRONOGRAMA

NOTAS:

  • A formación propiamente dita (sesións e visitas de profesionais) terá lugar nos meses indicados.
  • Os embarques faranse fora do curso escolar e no periodo establecido e acordado coas empresas do sector implicadas e responsables deles.
  • Ademais da temporalización da parte formativa cabe destacar que o proxecto conta cunha fase previa de captación e promoción do proxecto e tamén cunha parte final de presentación dos resultados obtidos e actuacións desenvolvidas, de xeito que o RELEVO2 estará en funcionamento real dende xullo de 2021 ata outubro de 2022.
COMO PODEMOS INSCRIBIR AO NOSO CENTRO?

A través deste FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 

ORDE DE PRIORIDADE PARA A PARTICIPACIÓN

-Establécese un mínimo de 5 centros de ensino e un máximo de 15 en cada un dos territorios GALP participantes.

-A participación será por estricta orde de chegada do formulario de inscrición dando sempre prioridade a que participen centros de diferentes localidades (por exemplo: si por orde d einscrición están de un un centro da localidade A, outro centro da localidade A e un centro da localidade B, este último tería prioridade fronte ao segundo da localidade A).

COMO CONTACTAR COA ORGANIZACIÓN

Para calquera dúbida ou consulta podedes poñervos en contacto a través de:

+ info@relevo2.org ou

+ na oficina ou teléfono de contacto do GALP do teu territorio:

_GALP A MARIÑA ORTEGAL: 982 56 33 55 / 604 03 47 48

_GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE: 981 78 44 17

_GALP GOLFO ÁRTABRO SUR: 881 89 64 17

_GALP RÍA DE AROUSA: 986 51 09 53

_GALP RÍA DE PONTEVEDRA: 886 21 30 15

_GALP RÍA DE VIGO – A GUARDA: 646 87 31 06 / 986 35 81 09

Podes descargar o cartel do proxecto premendo aquí: Cartel Relevo2_PDF