Tesouros diversos: A riqueza da diversidade!

Tesouros diversos: A riqueza da diversidade!

 

Dende outubro de 2023 estamos a participar, como asistencia técnica, no proxecto TESOUROS DIVERSOS: A RIQUEZA DA DIVERSIDADE, promovido pola Asociación Sociocultural ASCM e financiado ao abeiro das axudas dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro, neste caso en concreto polo GALP Golfo Ártabro Norte.

Este mes de Outubro finalizamos a aventura de Tesouros diversos… A continuación contamos en qué consistiu este proxecto.

En que consistiu?

O proxecto consistiu nunha iniciativa de carácter formativo, divulgativo e de sensibilización entorno ao sector marítimo pesqueiro e os seus produtos, promovida por unha entidade de carácter social e na que parte das actuacións propostas foron executadas por usuarios/as con discapacidade e todas elas serán inclusivas, tratando de xerar sinerxias entre distintos sectores sociais cun obxectivo común: o benestar da comunidade costeira na que nos atopamos e sobre todo a posta en valor e a importancia do sector pesqueiro no territorio.

Que actividades se desenvolveron?

 

1. Formación.

En materia de:

  • especies mariñas e produtos pesqueiros
  • conservación e protección dos espazos mariños e outros aspectos medio ambientais como cambio climático e contaminación así como medidas de afrontalos e
  • sensibilización sobre patrimonio cultural.

DIRIXIDA A: usuarios e usuarias de ASCM que a posteriori serán quen execute as actuacións con outros destinatarios.

 

Formación sobre Patrimonio Natural                                               Formación sobre Patrimonio Cultural

 

 

 

 

 

 

 

 

Usuarios/as de ASCM traballando en equipo durante as sesións            Clasificación de contidos en sesión de Patrim. Cultural

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2. Actividades de divulgación, sensibilización e eventos de valorización do produto pesqueiro.

2.1. Actividades co sector pesqueiro: Estas actividades cobran gran importancia, xa que poñen en contacto o sector pesqueiro coa sociedade en xeral. Nesta ocasión, levamos a cabo actividades nas que as diferentes Confrarías que se ubican no territorio do GALP Golfo Ártabro Norte explicaron aos usuarios/as de ASCM o seu traballo, e intercambiaron opinións. Forno xornadas moi interesantes e realmente produtivas! Agradecer a colaboración deste sector pesqueiro, a través das Confrarías de Barallobre, Miño, Pontedeume e Ferrol.

 

 

 

 

 

 

 

2.2. Actividades en centros de maiores e centros de usuarios/as con discapacidade.

Estas actividades foron executadas polos propios usaurios da asociación depois da formación recibida. Sen dúbida, unha experiencia moi gratificante, tanto por parte dos usuarios/as de ASCM , como polas persoas dos centros de maiores!

2.3 Actividades no Camiño Inglés, de carácter inclusivo abertas a todos os públicos, consistirán en poñer en valor os recursos patrimoniais e ambientais do sector marítimo pesqueiro durante a realización das etapas do camiño de Santiago e en facer 1 aposta polo turismo sostible.

Accede á web oficial do Camiño

Folleto de lectura fácil con información sobre o Patrimonio Natural e Cultural do territorio

Deixamos a continuación algunha imaxe das saídas!

 

 

 

 

 

 

 

2.4 Xornada de valorización dos produtos pesqueiros.

Nestas sesións aprendimos sobre os produtos pesqueiros, as súas etiquetas, como son por dentro…. Un montón de curiosidades do noso mar!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3. Acto de clausura e presentación de resultados. 

Como peche de proxceto, levouse a cabo un acto de clausura coa presentación dos resultados, e unha degustación de produtos pesqueiros, neste caso, da Confraría de Barallobre, e preparados polo chef Miguel Mosteiro, de Gastrolab Arousa… todo riquísimo!

 

 

 

 

 

 

 

 

Algúns OBXECTIVOS DO PROXECTO…

* Xerar sinerxias entre diferentes colectivos sociais en prol dunha maior sensibilización de cara ao coidado do medio mariño.

* Facer partícipe ao sector pesqueiro en actividades externas ao sector da pesca para que poida tomar como exemplo de cara a unha futura diversificación da súa actividade.

* Promover actividades de natureza desestacionalizadoras e inclusivas.

* Capacitar e dotar de recursos e ferramentas a persoas con discapacidade para que sexan os protagonistas da execución de certas actividades do proxecto.

* Trasladar contido do sector marítimo pesqueiro e a súa importancia a colectivos de maiores e persoas con discapacidade como sector que a miúdo queda excluido deste tipo de actividades.

* Poñer en valor os produtos da pesca e a súa importancia como produtos saudables.

 

Entidades colaboradoras

A Confraría de Pescadores de Barallobre é  unha entidade do sector pesqueiro que colabora activamente nesta iniciativa; non só contamos con persoas do sector que participan e incluso dirixen algunha das actividades de divulgación propostas senón que ademais é a depuradora na que se merca o produto pesqueiro empregado nos actos de presentación e clausura e nas xornadas de valorización do produto da zona.

A relación entre entidades de distintos sectores sociais é clave nesta iniciativa.

Cofradía y Lonja en directo!

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.