Tesouros diversos: A riqueza da diversidade!

Tesouros diversos: A riqueza da diversidade!

 

Dende outubro de 2023 estamos a participar, como asistencia técnica, no proxecto TESOUROS DIVERSOS: A RIQUEZA DA DIVERSIDADE, promovido pola Asociación Sociocultural ASCM e financiado ao abeiro das axudas dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro, neste caso en concreto polo GALP Golfo Ártabro Norte.

 

En que consiste?

O proxecto consiste nunha iniciativa de carácter formativo, divulgativo e de sensibilización entorno ao sector marítimo pesqueiro e os seus produtos, promovida por unha entidade de carácter social e na que parte das actuacións propostas van ser executadas por usuarios/as con discapacidade e todas elas serán inclusivas, tratando de xerar sinerxias entre distintos sectores sociais cun obxectivo común: o benestar da comunidade costeira na que nos atopamos e sobre todo a posta en valor e a importancia do sector pesqueiro no territorio.

A iniciativa  busca o fomento da economía azul na zona, as sinerxias entre sectores diferentes pero sempre co sector pesqueiro como fío conductor e motor social. Trátase un proxecto baseado nas seguintes liñas estructurais:

1. Conservación dos recursos e do medio,

2. Patrimonio cultural vinculado ao sector pesqueiro,

3. Inclusión, cohesión social e participación e

4. Valorización dos produtos pesqueiros.

 

Que actividades se van desenvolver?

 

1. Formación.

En materia de:

  • especies mariñas e produtos pesqueiros
  • conservación e protección dos espazos mariños e outros aspectos medio ambientais como cambio climático e contaminación así como medidas de afrontalos e
  • sensibilización sobre patrimonio cultural.

DIRIXIDA A: usuarios e usuarias de ASCM que a posteriori serán quen execute as actuacións con outros destinatarios.

2. Actividades de divulgación, sensibilización e eventos de valorización do produto pesqueiro.

2.1. Actividades co sector pesqueiro.

2.2. Actividades en centros de maiores e centros de usuarios/as con discapacidade.

 

2.3 Actividades no Camiño Inglés, de carácter inclusivo abertas a todos os públicos, consistirán en poñer en valor os recursos patrimoniais e ambientais do sector marítimo pesqueiro durante a realización das etapas do camiño de Santiago e en facer 1 aposta polo turismo sostible.

Accede á web oficial do Camiño

2.4 Xornada de valorización dos produtos pesqueiros.

3. Acto de clausura e presentación de resultados. 

 

Algúns OBXECTIVOS DO PROXECTO…

* Xerar sinerxias entre diferentes colectivos sociais en prol dunha maior sensibilización de cara ao coidado do medio mariño.

* Facer partícipe ao sector pesqueiro en actividades externas ao sector da pesca para que poida tomar como exemplo de cara a unha futura diversificación da súa actividade.

* Promover actividades de natureza desestacionalizadoras e inclusivas.

* Capacitar e dotar de recursos e ferramentas a persoas con discapacidade para que sexan os protagonistas da execución de certas actividades do proxecto.

* Trasladar contido do sector marítimo pesqueiro e a súa importancia a colectivos de maiores e persoas con discapacidade como sector que a miúdo queda excluido deste tipo de actividades.

* Poñer en valor os produtos da pesca e a súa importancia como produtos saudables.

 

Entidades colaboradoras

A Confraría de Pescadores de Barallobre é  unha entidade do sector pesqueiro que colabora activamente nesta iniciativa; non só contamos con persoas do sector que participan e incluso dirixen algunha das actividades de divulgación propostas senón que ademais é a depuradora na que se merca o produto pesqueiro empregado nos actos de presentación e clausura e nas xornadas de valorización do produto da zona.

A relación entre entidades de distintos sectores sociais é clave nesta iniciativa.

Cofradía y Lonja en directo!

 

Algunas imágenes de las actuaciones hasta el momento…

 

 

Formación sobre Patrimonio Natural

 

Formación sobre Patrimonio Cultural

 

 

Usuarios/as de ASCM traballando en equipo durante as sesións

Clasificación de contidos en sesión de Patrim. Cultural

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.