Visita esta xoia connosco!

Visita esta xoia connosco!

 

Explora e descubre o Xardín Botánico Artístico de Padrón desde unha perspectiva científica!

 

A nosa visita guiada convídache a descubrir a gran biodiversidade que alberga este espazo natural, mentres coñeces a importancia da conservación e o papel crucial que xogan as plantas no noso ecosistema.

 

Poderás coñecer a flora autóctona e as plantas exóticas, que usos teñen estas plantas ademais da ornamental, etc. O noso enfoque científico permitirache comprender a importancia da conservación da biodiversidade e como cada planta xoga un papel vital no equilibrio do noso ecosistema. Coñecerás os proxectos de investigación e conservación que se realizan neste tipo de espazos e como podes contribuír á protección do noso medio natural!

 

Queres coñecer o Xardín Botánico de Padrón desde unha perspectiva científica? Cantas especies contén? Hai árbores únicas? Existen plantas carnívoras que reciben nomes de deusas?

 

 

ALGÚNS DATOS SOBRE A VISITA:

 

DESCARGA O GUIÓN DA VISITA:

 

Guión visita JBA_Padrón_galego

Guión visita JBA_Padrón_castellano

 

Punto de inicio do percorrido

 

 

 

DESCARGA O MAPA/PLANO DO ESPAZO:

 

Mapa-Castellano     (Obtido da páxina web do Concello de Padrón)

 

POR QUE FACER ESTA VISITA CON NÓS:

 

Os nosos guías son profesionais titulados no ámbito das Ciencias Experimentais e cunha ampla experiencia acreditada na organización e realización de actividades de educación ambiental, divulgación científica e interpretación do patrimonio dirixidas a todos os públicos. A nosa entidade leva máis de 15 anos prestando servizos de atención aos usuarios en espazos naturais protexidos (somos guías acreditados do único Parque Nacional de Galicia: PN Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia) e outros espazos verdes, co obxectivo de contribuír a concienciar e educar á cidadanía na procura da conservación do patrimonio natural e cultural.

 

CARACTERÍSTICAS DA VISITA: 

__Duración: 1h 30 min aprox.

__O que debes levar: ganas de aprender e pasalo ben gozando dun espazo verde en pleno centro da nosa vila!

__Localización: fai clic para saber como chegar

 

A QUEN VAI DIRIXIDA: 

 

A todos os públicos, adultos e menores que queiran aprender e gozar dun espazo verde único durante a súa visita ou paso por Padrón. NOTA: Visita totalmente apta para familias (adultos e menores), grupos de adultos (asociacións, etc.) e peregrinos (opción de visita en inglés).

 

CUSTO DA VISITA GUIADA:

 

COMO PARTICIPAR:

 

Para realizar a visita guiada ao Xardín Botánico Artístico é imprescindible reservar previamente na nosa web a través do seguinte formulario:

Inscripción Jardín

  • Fecha y horario elegido

 

  • ENLACES DE INTERESE:

 

Concello de Padrón_Turismo

O xardín de Rosalía de Castro_botánica

Alameda de Santiago

Pazos e Xardíns_Turismo de Galicia

Xardín Botánico de Madrid_CSIC

 

 

Para máis información tamén podes contactar connosco en:

 

   Teléfonos: 633 33 54 63 // 696 11 14 26

Correo electrónico: info@arenariacoordinacion.com // turismo@arenariacoordinacion.com

 

ACCEDE A LA INFORMACIÓN EN CASTELLANO

ACCESS TO THE INFORMATION IN ENGLISH__ log in

 

 

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.